Sábado, Julho 31, 2004

inconfesable

confúndome nos pasos
para perderme no tempo
na túa voz
cando non finximos
pertencer ao mundo

Sexta-feira, Julho 30, 2004

O Escravo

Libertaram o escravo quebrando-lhe as correntes
E ele ficou mais escravo do que nunca.

Trazia consigo os ferros do servilismo,
As algemas da indolência e da preguiça,
as cadeias do temor e da superstição,
da ignorância, da desconfiança, da barbárie...
Sua escravidão nas estava nas correntes,
mas nele próprio.

Somente os homens livres se libertam...
E nem isso é necessário:
Os homens livres libertam-se sozinhos.  
         

Oppenheim (Tradução Sérgio Milliet)
Do livro: "Obras Primas da Literatura Universal", introd. seleção e notas bibliográficas de Sérgio Milliet, Livraria Martins Editora, 1954, SP

http://www.blocosonline.com.br/

 


SE OS POETAS FOSSEM MENOS BESTAS

 
Se os poetas fossem menos bestas
E se fossem menos perigosos
Fariam todo mundo feliz
Para poderem tratar em paz
De seus sofrimentos literários
Levantariam casas douradas
Cercadas por enormes jardins
E árvores cheias de colibris
De rustiflautas e de aqualises
De pardongros e luziverdes
De plumuchas e de picapratos
E de pequenos corvos vermelhos
Que soubessem tirar nossa sorte
Haveria grandes chafarizes
Jorrando luzes de mil matizes
Não faltariam duzentos peixes
Do crocantusco ao empedraqueixo
Do trilibelo ao falamumula
Da suazmina ao rara quirila
E do guardavela ao canifeixe
Provaríamos um ar fresquíssimo
Perfumado pelo odor das folhas
Comeríamos quando quiséssemos
E trabalharíamos sem pressa
A arquitetar escadarias
De formas nunca dantes sonhadas
Com tábuas raiadas de lilás
Lisas como só ela sob os dedos
Mas os poetas são muito bestas
Para começar, eles escrevem
Ao invés de por a mão na massa
Isso lhes traz profundos remorsos
Que levam consigo até a morte
Radiantes por sofrerem tanto
O mundo os aclama com requinte
E os esquece no dia seguinte
Se a preguiça não fosse mania
Teriam fama por mais um dia.
              

Boris Vian (tradução de Ruy Proença)

http://www.blocosonline.com.br/




... ÚTEIS

 
Se alguém lhe perguntasse, à queima-roupa
A inocência é uma virtude?
Por mim, não responderia.
Sairia pela tangente.
Diria:" você já leu Cézanne?"

Algumas pessoas esquecem de mentir
E afirmam:"Não sei!"
Nem todas podem ser forçadas.

Naturalmente, a inocência não é uma virtude.
Porque, com o tempo, se suspeitaria.
Minha tia era cheia de virtudes.
Até hoje é. E está velha.
Os gregos também tinham virtudes
E os gregos não eram inocentes
Pois guilhotinaram Sócrates.

É difícil julgar, obviamente, não estávamos lá.
Mas o mais acertado, em tal circunstância,
É abster-se de responder
E procurar uma escapatória...

Se não houver jeito, sempre resta o suicídio...
             

 
Boris Vian (tradução de Ruy Proença)

http://www.blocosonline.com.br/




Quinta-feira, Julho 29, 2004

ANAL

 
toda dor
qualquer dor
— por trás —
é de amor.

 
Nina Nowacki


http://www.afilhademarianowacki.blogger.com.br/

moi recomendable esta bitácora, dende os seus comezos


 


TÁCTICA Y ESTRATEGIA

Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos

mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible

mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos

mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos

no haya telón
ni abismos

mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple
mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites

 
Mario Benedetti

Quarta-feira, Julho 28, 2004

Loba: Corpus et Anima

 
 
Sou uma ex-Gata! Descobri, há um tempo atrás, que já não tinha mais a sensualidade manhosa de uma gata. Agora sou Loba. Tenho a sensualidade madura e uma sexualidade resolvida como a de uma loba. Mineira de BH, 50 anos com gosto de adolescência, ex-hippie, ex-militante política, educadora, administradora e consultora.
 
 
http://lobamulher.blog.uol.com.br/

por casualidade atopei este blog, pescundando noutro tamén (http://noitesemclaro.blogspot.com/),  e quedei prendado desta muller que declara ser sincera, dicir o que pensa malia que ás veces poda ser mal entendida.

sirva isto para cambiar de tema despois dun breve monográfico a Hans Magnus Enzensberger

mala memoria

Nos nosos debates, camaradas
teño ás veces a sensación
de que esquecimos algo.
Non é o inimigo.
Non é a liña de conducta.
Non é o obxectivo final
Non figura no 'curso breve'.

Se non o tivesemos sabido nunca
non habería loita.
Non me preguntedes o que é.
Non sei como se chama.
O único que sei
é que esquecimos
o máis importante.

Hans Magnus Enzensberger

Compensación

 
La palabra lucha nos viene ya grande

Nuestras pequeñas traiciones nos bastan
para seguir avanzando
casi sin esfuerzo

Victorias a montones
que acaban en una dulce derrota

¡La cama tiene tantas patas!
¿Quién sería capaz
de aserrarlas todas a un tiempo?
¡Tantas prebendas!
¿Quién se desprendería de ellas d
e la noche a la mañana?

Entre somníferos y amfetaminas
todas esas diferencias
entre putas de izquierdas y de derechas
desbordan a veces
mi capacidad de discernimiento

La mayor tentación es quizá la de
acurrucarse y esconderse
donde no llegue la luz

La menor
leer la «Dialéctica negativa»
sin perder de vista el mercado de colocaciones.

Ser de tal manera bisojo
lo reputo agobiador
A veces pienso con toda modestia
que soy un cíclope

Entonces dejo que suene el teléfono
días enteros

 
Hans Magnus Enzensberger
 
sinto non ter traducido o texto, pero dominábame a preguiza.

o Libro de Lecturas do Bacharel Superior

 
non leas odas, fillo, senón as guías dos camiños de ferro:
son máis exactas. extende as cartas mariñas
antes de qu sexa tarde. abre o ollo, non cantes.
chegará o día no que volvan a cravar listas nas portas
e a sinalar con marcas no peito a quen diga que non.
aprende a pasar desapercibido, aprende, mellor ca min,
a cambiar de barrio, de pasaporte, de cara.
adéstrate na pequena traición,
na sórdida salvación de cada día. As encíclicas
son boas para acender lume;
os maifestos, para envolver manteiga e sal
para os menesterosos. serán precisas saña e paciencia
para insuflar nos pulmóns do poder
o po letal, moído
por quen aprendeu moito
e sexa exacto, por ti.


Hans Magnus Enzensberger

Terça-feira, Julho 27, 2004

virando a vida

 
passei tanto tempo colecionando suas ausências que acabei juntando seus pontos, vírgulas e reticências ao meu enorme acervo de solidão.

quando, porém, minha caixa de preciosidades ficou insuportavelmente cheia, joguei tudo fora: ele, minha dor e seus silêncios.

resolvida a questão, recomecei do zero:

outro personagem. uma nova coleção.


Mariza Lourenço  (http://marizalourenco.blogspot.com/)

Companheiros

 
quero
escrever-me de homens
quero
calçar-me de terra
quero ser
a estrada marinha
que prossegue depois do último caminho
(...)

Mia Couto, poeta moçambicano

 

confabulacións do mundo

 
as confabulacións do mundo
son sistémicas
e doen

malia o disimular
nunha cervexa esganada na gorxa

 
párome
agora sei o que é o silencio
e as costas dóenme
como doe a realidade cando se soña

 
pertencentes a un poema de situación
 

Segunda-feira, Julho 26, 2004

entre luz e sombra

 


como case que non podía ser doutro xeito estiven en Compostela polo día da patria. Perdido entre acto e acto, rematei na manifestación unitaria, logo fun dun lado para outro e as situacións que xurdiron, despois de falar con membros das distintas formación foi esta imaxe.
E xa que estou, apoloxía contra o centralismo. Unha das cousas que xa tiña claras e que quedeou reforzada despois do día de onte, é o feito de que non estou disposto a cambiar un centralismo por outro. Non penso cambiar Madrid por Compostela, opto por un artellamento (considero que sobran termos que o describan) que parta da acción local.
Para volver á imaxe, vin no día da patria quen se move entre a luz e a sombra dende hai xa algún tempo, agardo que xurdan alternativas reais antes de que sucumba de todo.

e máis

 
teño unha figura cravada na memoria
en soños percorro a súa pel suavemente coa lingua
mentíndome sobre o seu sabor

logo
miro de ser eu outra volta
e síntome
de ser posible
aínda máis só

 

Sábado, Julho 24, 2004

Lembranza para os traballadores de Izar Fene-Ferrol

 

Unha loita xusta polo dereito ao traballo



declaración do Gilberto Gil en Compostela

 
Como galego, quedei un chisco defraudado polas declaracións do Gilberto Gil no seu concerto en Compostela. Inmediatamente din en pensar que algún dos que organizan o Xacobeo xa lle andivera a comer a cabeza co dos nacionalismo excluíntes, así que decidín escribirlle un correo para facer algo de contrainformación. Despois de feito, pensei que se cadra sería interesante que todos os galegos e galegas fixesen o mesmo para demostrar que non se trata dun desacordo unipersoal, senón que roza a conciencia de pobo.
Eis logo o seu enderezo

gege@gege.com.br

e páxina

www.gilbertogil.com.br/

delcaración,

"Hermanos, por que me pedís que hable portugués? No hai que ser tan nacionalistas. Hai que ser más internacionalistas, al fin y al cabo estamos en tierras de España, aquí junto al hermano de Jesús Cristo"

isto é canto puiden recoller, mais hai quen me informa de que houbo máis

se alguén dispón de máis información que o inclúa,

gracias

 

Sexta-feira, Julho 23, 2004

os remorsos

non sei se son quen de...
o certo é que veño de manter unha conversa virtual con Elvira e... pensei nas intencións ocultas que nos levan a obrar en determinados momentos. Cando somos conscientes de todo canto facemos ou cando descoñecemos as razóns últimas.
ser consciente da dor é terrible, pero convivir coa razón desa dor pode ser moito peor.

somos conscientes da motivación dun bico ou dun roce agarimoso?
coñecemos as razóns últimas?
poderiamos ir en contra deses sentimentos?
poderiamos traizoar aos sentimentos, para actuar de xeito oposto, sempre de forma consciente?

sei que somos, o ser humano é quen de traizoar e traizoarse

non sei onde me leva todo isto...

Mostra de Curtas Metragens

 
A Incomunidade convida:

Mostra de Curtas Metragens
Vila Nova (Vila Real) Trás-os-Montes
Pavilhão Polivalente
26-27-28 Julho 2004 - 22h

Dia 26:
Filme de Mario Iglesias ( sem título)
Margens de Pedro Sena Nunes
Covas do Douro de Tiago Afonso
Golpe de Asa de António Correia
Living Tissue de AnaTelhado
Presente de Regina Guimarães
A Rapariga no Espelho de Pedro Fortes

Dia 27:
Híssis de Nuno Beato
Filme de Mario Iglesias (sem título)
Cacilheiros-Alerta de Pedro Sena Nunes
Gaia de Amarante Abramovici
Uma Vida Anormal de Ana Capucho
António Ramos Rosa, o poeta da modernidade de Catarina Medina/Carolina Reis
Mãos de Carlos Felgueiras

 
Dia 28:
Um Círculo Perfeito de Carlos Ramos
Filme de Ana Telhado (sem título)
As palavras derretem-se na água de Pedro Sena Nunes
Filme de Mario Iglesias (sem título)
Mouvements para partos imaginados de Amarante Abramovici
Vestígios de Tiago Afonso
Desvio 45 de António Correia
Miragem de Ana Carina Dias

+info: +351.965817337

Alberto Augusto Miranda Av. D. Carlos I, 61-1º
1200-647 Lisboa - Portugal
http://incomunidade.com.sapo.pt
incomunidade@yahoo.com.ar
Tm: 965817337

Quinta-feira, Julho 22, 2004

revista animal

 
xa se pode atopar nas librerías o número 14 da revista Animal, que edita Edicións Positivas.

www.edicionspositivas.com

 

 

primavera


despois de moito tempo de ausencia, volvín estar perto de primavera. Moitas cousas houbo que recoñecer de novo e asimilar outras tantas que cría xa esquecidas.

pero sentín, por un intre e máis que nunca, como fluía o sangue de primavera polo meu corpo todo

pouco a pouco a estación foise despoboando, o Beirut cambiou de mans definitivamente, pero gosto sentir o sentimento campando polas rúas adurmiñado por un inverno que ha pasar.

lembro a Guille, Trigo e Pepe
Maca e Louzao
lembro a Bernardo Valdés
loitadores todos

 


Apresentación de As cinzas adentras

 
A apresentación da novela As cinzas adentras, de Emma Pedreira, terá lugar o vindeiro 28 de Xullo ás 20:30 horas no Salón de Actos do Clube do Mar (Adormideras-Praia de San Amaro). O acto correrá a cargo de Tucho Calvo e Teresa Seara.

 

Quarta-feira, Julho 21, 2004

de lonxe

 

de lonxe son outro eu
entre tantos

de perto
mírasme
e non me recoñezo

 

Terça-feira, Julho 20, 2004

algo máis

considerando a forza dunha palabra exhalada
como último alento do moribundo
a esencia
a constancia na efémera precariedade do instante
 
 
 
escribo como unha confidencia
o asubío teu
unha cóxega electrizándome as extremidades
 
 
 

Domingo, Julho 18, 2004

unha pluma

 
coa pluma na man
mirando de falar sen penetración
 
confúndesme
e preciso da túa roupa interior
para conter as ideas
con frecuencia
 
en MHz
 
 
 

OS ESPELLOS PROXECTAN ESTRUCTURAS

OS ESPELLOS PROXECTAN ESTRUCTURAS
que rexeitan inquebrantables espíritus
arroutados, inconformes
que carecen de xeonllos
que non morden a terra
sostendo unha pancarta revolucionaria    
argumentos inacabados  
crechos pensamentos entréganse                                 
ó sublime acto                                      
de lamber feridas      
 
Soños en salmoeira 
debuxan unha paisaxe imperfecta   
Designios fatalistas  inxéctanse       
nun océano intraveoso
mentres, o resto dorme a conciencia        
recontando moedas       
apuntalando o sorriso   
no pico dun iceberg metafórico  
invento dun repelente traficante                                    
de fantasía    
 
 
17- 7- 04    ( 14:30 h.)   CRUZ MARTÍNEZ
 
 

Quinta-feira, Julho 15, 2004

Aprendo na viaxe/ Imparo nel viaggio

escribo sobre as pálpebras
pechadas
do tempo
alado





choro tamén nesa
canción
escrita noutro eu
como nun pentagrama
para un soño




fixen de tripas
corazón
e agora teño pulsacións escatolóxicas


Quarta-feira, Julho 14, 2004

a preguiza

nun día dominado pola preguiza considero oportuno liberarme escoitando bandas sonoras, alén das da autoestrada.

vin o Faro de Vigo do domingo e iso afectoume gravemente ao estómago. Non é por redundar nas críticas ao meirande partido nacionalista de Galiza, xa que considero que son moitas xa as críticas que se lle fan. Tampouco me considero capacitado para enxuiciar a ninguén, mais resultoume curioso o feito de que, trala campaña feita contra o señor Zapatero pola súa falta de dominación no partido, no seu partido, como se tivese que sair enfundado en coiro e blandindo unha fusta para facer o seu traballo que por outra parte é ben pobre e despreciable como todos xa ben sabemos, se acusase ao señor Quintana da mesma febleza, saíndo este a desmentir as acusacións afirmando, nun flamante titular, que é el o candidato do BNG.
Inmediatamente xurdíu o paralelismo entre ambos candidatos, un paralelismo que xurde ante min como bastante desafortunado, tendo en conta as tendencias sociopolíticas de ambos, que eu considero radicalmente opostas, ou polo menos deberían, na miña máis absoluta inocencia e ignorancia.
Pero por outra banda, existe outro feito considerablemente máis grave, está ben que o psoe, como forza da dereita, precise dun xefe que escolla a súa equipa e regule o progresar da súa forza política, pero un partido de esquerda, e isto non é máis que unha pregunta que non debería reportar desgracia algunha para o meu malogrado nome, debe ou precisa un xefe, ou non son as bases quen elixen, coa dialéctica e non con votacións que xa todos sabemos como funcionan estas cousas, a un voceiro o cal debe actuar en nome das devanditas e respectando sempre as decisións tomadas en asemblea?
ben, pola miña parte declínome a pensar que o Bng estea esquecendo os fundamentos da demoracia real, partipativa, e oriéntome máis cara a manipulación que O Faro de Vigo realiza, de xeito completamente partidista, das informacións que lle chegan. Pero toda fé ten sempre un límite, como xa demostra dende hai anos a baixa participación nas urnas, que non o voto en branco,porque na Galiza sómosche moi cómodos.

Terça-feira, Julho 13, 2004

la unidad de españa

Cando, recuperando vellas forzas, los 'regionalismos' comezan a erguer timidamente a súa voz por riba dos que non aceptan a vulneración de 'la unidad de españa', a reacción comeza, de xeito pacífico a colocar as cousas no seu sitio, apaciguando uns ánimos que intiman co desastre.
Cando aqueles, como o Psoe, aos que se lles cedeu a gobernabilidade do Estado Español coa condición de que non puxesen en tela de xuizo a unidade da mal chamada Nación, comezan, en Catalunya a pedir máis para e por si mesmos. Cando o nacionalismo en Euskal Herria atrévese a dar un paso vital, desafiando aos grandes poderes fácticos do Estado. Cando na Galiza breves rumores se escoitan para ir polo rego, a grande distancia, das outras vellas 'nacionalidades históricas', a raiña Sofía chega a Santiago de Compostela, con toda a forza do racista unificador do Estado Pátrio, o chamado 'Mata Moros'.
O fin desta viaxe, como o de moitas outras que xa se teñen dado, recuperar o amor polo poder divino que ofrecen os monarcas, dunha plebe que os adora porque nunca se lle deu a oportunidade de facer outra cousa, recuperando así a esa tan ansiada sociedade que non busca defender o que é seu, senón perderse no po que os ídolos deixan tras de si.

de claudia, fundando-me I

Tiñas ollos isósceles

mentres

me tomabas entre as tuas maos

e eu,

sentada sobre a miña rocha

a observar-te

virxe en equilibrio (constante).

Habitante da nada,

de corpos blandos e alcólicos

que ximen o inicio do meu ventre,

e que morre entre os meus dedos.

Vivo entre osíxeno e plástico puro,

deshidratada,

latexante.

Fundei-me como serpe-animal

a percorrer con pálpebras

o teu corpo.

E serpenteo

arrincando

con cada paso

a miña pel

a tiras.



http://bvg.udc.es/mostrar_colaboracion.jsp?id=OC_FuI+++++1

Segunda-feira, Julho 12, 2004

mensaxe extraída de http://www.rojoynegro.info/2004/article.php3?id_article=1948

Continúa Campaña de Solidaridad con trabajadoras embarazadas despedidas en VIPS



Saludos a tod@s. El proximo 8 de julio se celebra el juicio de la trabajadora que demandó a Vips por su despido injustificado al estar embarazada. Por ello volvemos a solicitar vuestra solidaridad para volver a enviar correos electronicos y faxes de protesta.

clubvips@mail.vips.es

Número de fax: 91-562-68-88

suor sobre o cemento

'no verán a cidade está requentada polo Cemento. Raquíticos e mínimos arbustos nas aceras non fan máis que dar testemuño da súa impotencia para producir nin tan sequera a ilusión dun pouco de frescura. Non fan máis que sufrir, eles tamén, baixo o sol'.
Camilo Gonsar. Cemento e outras escenas

hoxe vou contar unha breve e intrascendete historia, agás polo feito de que no Andel Virtual físico atopei entre outros este libro moi rebaixado de prezo.

Camiñaba coa vista fixa no cemento, pensando nas once mil vergas, publicadas por positivas, que noutrora fixeran a Elvira Riveiro, esa adorada poeta, deitar o libro escapando se cadra dunha imaxe, unha descripción saída de ton, ou agresiva, desagradable, tal e como describe no seu blog, que recomendo hoxe aquí. Cando, inesperadamente, topeime cun amigo dun só día, eses que se coñecen cunha cervexa de máis, ou sen ela, para non volvelos ver nunca máis. Baixo esa premisa, decidín mirar para outro lado e pasar de longo. Continuando co meu paseo, decidín achegarme ate o Andel Virtual físico, para facerme con ese exemplar, do que xa falamos anteriormente, para lelo en galego. Entrei, compreino, mais algunha outra cousa e marchei. Fun cara o Xeral Cies, debía pedir cita para unha ecografía.
Entrei, falei cunha enfermeira non tan xeitosa como un desexaría ao acceder a nun lugar desas características e dirixínme ao lugar preciso, que precisamente non vou precisar. Petei á porta e describinlle a situación do seguinte dos xeitos, un dos moitos posibles.

ola, quería pedir cita para unha ecografía
e logo, de canto estás
non sabería precisar, coido que de seis semanas. pero, logo non se me nota?
nadita filliño.

Sábado, Julho 10, 2004

Eva Veiga

Que ou quen nos deixou tan sós
tan soamente sós de nós mesmos
que andamos a buscármonos nos outros
e eles nunca nos viron pasar.

Quinta-feira, Julho 08, 2004

+ onde proe

Dovrebbe essere dadaista chi comprende, una volta per tutte, che si ha diritto di avere delle idee solo quando si applicano nella vita, dadaista è la persona totalmente attiva che vive solo d'azione, suo unico mezzo di conoscenza.

R.Huelsenbeck



La conciencia manda con un rigor comparable al de las autoridades externas, y que, además, muchas veces el contenido de sus órdenes no responde en definitiva a las demandas del yo individual, sino que está integrado por demandas de carácter social que han asumido la dignidad de normas éticas. El gobierno de la conciencia puede llegar a ser aún más duro que el de las autoridades exteriores, dado que el individuo siente que las órdenes de la conciencia son las suyas propias, y así ¿cómo podría rebelarse contra sí mismo?.

Erich Fromm. “El miedo a la libertad”




O concepto da realidade é un valor completamente variable e depende absolutamente do cerebro e das condicións do cerebro de quen a trate.

Richard Huelsenbeck.
”En Avant Dada. Die geschichte des Dadaismus”.




alguén vai castrar á muller que pensa
eu non quererei seguir á que se redima
non
por ingrávida que sexa a traxectoria dos corpos cara a derrota
ou o altísimo corpo inicial.

Emma Pedreira. “Velenarias”




"E non sabe, polo tanto, o meu querido lector, que nun país como o noso, onde todos saber ler e escribir e gozan do dereito ao voto, as cousas esenciais faltan por completo?".

"Democratic vistas". Walt Whitman


Quarta-feira, Julho 07, 2004

Erótica

da erótica
gañadora do VIII certame de poesía Francisco Añón


convídame a pasar
tamén eu levo nos pés
a terra
que suca as túas engurras

expoplanetarium.net e a idea feliz

Teño o pracer de presentar para tod@s aquel@s que aínda descoñecedes a súa existencia, dando parabéns a es@s outr@s que xa caichedes nas súas felinas zarpas, a no meu parecer magnífica páxina

www.expoplanetarium.net

saúde

FIN

Terça-feira, Julho 06, 2004

Resiste Primavera

vivo permanentemente en Primavera


a porta péchase
canto queda por vivir?
neste murmurio suspiro
onde queima o sol infante
á sombra dun patio de luces
un Beirut
resiste Primavera



dos que saben desa Primavera que vivimos nun tempo e que aínda viven os máis audaces. Saberán tamén que na distancia viven no recordo

Segunda-feira, Julho 05, 2004

“A liberdade sempre máis alá”

“A liberdade sempre máis alá”
Naquel tempo, a liberdade era máis alá do muro
Derrubaron o muro e pasaron sobre as ruínas
A liberdade estaba sempre máis lonxe
Detrás das tres columnas de silencio
Cercaron as columnas, e de súpeto
Foi só unha chama, filla do raio
Que permaneceu danzante no fondo das súas olladas
A liberdade era sempre
Máis acó de cada esperanza
Pero a luz do pozo dos seus ollos
Ilumina agora a prisión.
Anne-Marie Cazalis

Xoias

O todo ben aderezado cun viño número 1234751/5478/*grc/11º(red/w57), igual idéntico aquel dos vales piamonteses, pero feitos pola General-Virtual Cloning de Shangai. Xúroo, non cambia nada, pola contra, ten máis sabor que o de verdade, é mellor, máis verdadeiro que o de verdade. É el o verdadeiro viño piamontese, conserva a verdade da tradición, non se perde, non se contamina nunca co sabor do tapón. Como di a publicidade: “l’eternità della tradizione per sempre sulla tua tavola!”, e é verdade, mellor que o viño piamontese real, é Hiperreal.
É o bautismo da segunda existencia: aquela Simulada e sen fin. Neste e en ningún outro senso, este viño pódese denominar “virtual”.

G. S. (Anónimo).


En poucas palabras fálase dun “dereito” (Dereitos Humanos) que se atopa lonxe de ser considerado universal e que para difundirse adopta unha nova forma de colonialismo... resultado tamén iso de conxunción entre social e económico. G.G. (Anónima 1)


Farteime de depender deste ou daqueloutro e decidín que é mellor vivir na ignorancia das noticias. É mellor coñecer un argumento, dous ou tres feitos, e sen saber máis somos en grado de dar calquera xuízo. Deixei de ver a televisión e sobre todo os telexornais porque con horror decateime de que “El Gran Hermano” é menos faccioso, e non soporto por máis tempo que os tertulianos, que deberían dar calquera sinal de luz intelectual, sexan xente como Pippo Baudo. A. L. (Anónimo 2)


Domingo, Julho 04, 2004

facéndose eco

11 de Xullo ás 12.- Marcha contra o viaducto entre Eiroa e Taramancos.-Saída de Eiroa no fin da variante que vai de Compostela a Outes na estrada Noia-Outes.
Chega a Taramancos onde haberá un recital poético. Tamén durante a marcha podes participar lendo poemas nunha xornada de loita, poesía e solidaridade. Maís info sobre o problema en
www.contramare.org (o alberte que aparece na páxina, podería ser eu, mais non o son)

Sábado, Julho 03, 2004

Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata

Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata

Vintecatro autores do grupo Redes Escarlata: Anxo Angueira, Asun Arias, Pilar Beiro, Darío Xohán Cabana, Carme Carballo, Iago Castro, Xavier Castro, Xavier Cordal, Antón Dobao, Francisco Domínguez Romero, Luz Fandiño, Raúl Gómez Pato, Antón Lopo, Ramón Lorenzo, Oriana Méndez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alberte Momán, Chus Pato, Claudio Pato, Óscar Antón Pérez García, Manuel Seixas, Xoaquín Silva, Manuel Villaverde e Isaac Xubín. Prólogo de Antón Figueroa.

ISBN: 84-933176-1-6.
19 x 15,5 cm.
336 páxinas en branco e negro.
Capas en cor.
Encadernación en rústica.
Primeira edición: maio de 2003

Edita
DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS

'espasmo' boletín poético das Redes Escarlata

Espasmo
www.redesescarlata.org

colabora enviando a:
espasmo@redesescarlata.org

Sexta-feira, Julho 02, 2004

a coidarse

coido que cada unha delas ten algo que paga a pena

http://loslunesalsol.net/
http://www.yomango.net/
http://www.chainworkers.org/dev/
http://www.rebelart.net/

Premio do II certame 'Narrativas Quentes'

Titulo: O lobo da xente
Autor: Alberte Momán
Ano de Publicación. 2003
Xénero. Narrativa
Editorial. Edicións Positivas
Coleccion. Narrativas quentes
Número de pax. 86
ISBN. 84-87783-77-5

blues

fico deitado en silencio
unha respiración forte
describindo no ar un estado

cúbrome o rostro de fortes dores
de silencio que vibra na pel
no corpo todo
coa tensión das palabras verquidas
inconscientemente

son dun día escuro o solpor
bico inmisericorde
sendo a miña propia víctima

gardo nas sombras as nubes
baixo os pés
a inquedanza nerviosa das impresións da vida sobre a pel
son eu mesmo a historia de todo un pobo
nas miñas xemas os seus humores impresos
na miña identidade exhalada o seu alento
comigo vive e morre a esperanza
como a memoria

adicado aos traballadores do Castromil que se atopan en loita xusta polos seus dereitos como traballadores

Sempre, co estigma dunha idea brillando na escuridade morna do solpor. Mírame, confúndeme, son raigame do teu alento, sentencio o porvir a mesturarse cun fado.
Tomo as formas, contigo amar, no deserto, pasando indemne coa luz dun noutrora que virá, que virá de nós sentir, querer coa forza de nosoutros, xuntos.