Quinta-feira, Setembro 30, 2004

'me cago en el amor'



pérdome no realismo das estatuas
das figuras femininas
nas que procuro percibir as máis breves vibracións
pérdome nas súas formas esculpidas no bronce
sempre distantes
denotando unha frialdade que me achega aínda máis
perverténdome
ate perder a consciencia

hai quen se detén comigo
a explorar a pegada do autor en cada curva
a esencia do realismo
a historia mesma adherida á figura

eu
fico coas mans nos petos
percibindo a quentura das súas coxas
a firmeza dos seus peitos
e penso en ti
se cadra en María Lado
ou non
logo
vólvome e sorrío á intelectualidade circundante

ás veces cágome no amor
nun idioma que non entenden
e observo
o seu estúpido sorriso de aprobación



Quarta-feira, Setembro 29, 2004

a túa voz

mesturo a túa voz
co poema
no orgasmo

na miña cabeza
beleza e desexo feito un
frivolidade
na distancia
que amo entre ambos
con frustración



Terça-feira, Setembro 28, 2004

O tren de Zhou Yu

Meditaba sobre o estando e pensei nun titulo: o estando mais ala do real, porque o presente e a realidade non sempre van xuntos, porque o estando levase dentro e a realidade confundenos dende fora.

Mentres facia todo isto estaba a ver O tren de Zhou Yu, un fermosisimo poema visual sobre unha historia de amor entre un poeta e unha ceramista.

un amante e como un espello
no que podes verte ti
con maior claridade

puiden estractar

non puiden evitar pensar en min dun xeito hiperreal, como o estando, para desubrir o dificil que me resulta conhecer os meus desexos mais intimos

todas as bagoas reservanse para min
se me desvanecera
non escoitarias mais que o silencio

onde se atopa Zhou Yu...








Giuseppe Verdi

historia do amor (capricho) e o desamor (egoísmo)
eu son a víctima (ironía)

preludio
un ollo-mol exsangüe


traizóome a min mesmo se observo
con outros ollos
sen ser outra mirada
engánome ao tentar falar coa túa lingua
porque sería como falar co poder succionador dos meus beizos
case coa linguaxe da mímica
pedir un respiro
cando me falla a inspiración

torna
torna con me, per piacere
e libar do desexo
o seu zume na turbación da memoria
na recreación
a posteriori
do momento das flores a embriaguez

acto primo e último

traizóame a traizón a inocencia

na triunfal viaxe
da superficie á toupeira
atópome a min mesmo

no buraco pequeno de máis
non me revolvo
axúdame a prescindir(te)
como a prescindir(me) ou de min cando chove
se o paraugas é o meu condicionante

son víctima da extinción
case extinto e mortificado
vólvome unha vez máis
sobre os pasos que portan o cansazo
no meu corpo sen min
son case unha estatua
xélida
na noite a choiva de faíscas ardentes
crávase duramente na pel
a dor mitigada por un riso estentóreo
e a morte
tan diáfana
alumeada polas cinzas incandescentes da miña memoria
morre unha vez máis
polo divertimento
onde o recordo repousa
malia ser mes cálido
sobre o lume

Segunda-feira, Setembro 27, 2004

We are not Celts at all but Galicians

Estudios xenéticos levados a cabo no Trinity College de Dublin, polo Dr. Daniel Bradley, relacionan aos irlandeses máis con galegos e vascos que con outros antecesores centro europeos.
Afirma que existen ademais das evidencias históricas, agora temén, evidencias xenéticas que demostran que anteriores ás grandes migracións centroeuropeas cara as illas (fai 2500 anos), houbo outras procedentes da península (entre 6000 e 3000 anos atrás) que deixaron indiscutible pegada.
Agora podemos repasar as nosas árbores xenealóxicas para ver se temos un familiar por terras anglófonas. Como se enteren os da TVG, teremos historias de emigrados para rato.

Domingo, Setembro 26, 2004

O povo na praça

Ontem vi o povo na praça. Trazia bandeiras. Muito mais que isso: a esperança derramada no olhar. Algo único e, ao mesmo tempo, múltiplo. Havia uma razão e, por isso, misturei meus braços cruzados com outros braços erguidos.

Anarquia é a ternura de ser feliz. A circunstância é o acosso.

Lau Siqueira


Hoxe estiven, despois de deixar a Elvira e a Sara na sua casa, revisitando algunhas paxinas que xa habia tempo que non frecuentaba.... (hoxe non podo converter o teclado para que me ponha os tiles nin outros simbolos, asi que alo vai sen tiles)

visitei a Miriam Reyes atraido polo magnetismo dos seus versos, e porque estou ansioso por conhecer as suas curta metraxes. Estes dias participou nunha mostra en Lisboa e agardo poder ver o seu traballo en Allariz o dia 2 de outubro, no filo-cafe.

http://www.oddcity.com/miriam_reyes/
http://www.laideafija.com.ar/poesia/reyes/4reyes.html


Quixera tamen lembrar aos traballadores e traballadoras de dos asteleiros que estan en loita para defender o tecido industrial do noso pais. Que vaia para eles o fermoso texto de Lau Siqueira co que abrin o post de hoxe.

A loita continua


Sexta-feira, Setembro 24, 2004

para Ferrol dende Lugo e Allariz


I
comestas tamén as pedras da memoria

onde
miña naiciña
gardamos as figuras retóricas
que xa non queda lume na lareira



II
cómo
desculpa
hai anos que non entendo
de horas

son como a historia

morro permanentemente



III
non son memoria

xa


non lembro o cando

da última cervexa



Escritos nun país cheo de saudades pero carente de memoria.

Quinta-feira, Setembro 23, 2004

info

Presença Africana

E apesar de tudo,
ainda sou a mesma!
Livre e esguia,
filha eterna de quanta rebeldia
me sagrou.
Mãe-África!
Mãe forte da floresta e do deserto,
ainda sou,
a irmã-mulher
de tudo o que em ti vibra
puro e incerto!...

Alda Lara

http://betogomes.sites.uol.com.br/

ben, houbo que me preguntou sobre alguns sites. agora vou dar unha relacion deles que se cadra son interesantes

http://incomunidade.com.sapo.pt/

http://www.guilhermecossoul.net/ (para quen queria saber sobre edicions tema e fluviais)

http://www.othlo.com/ (en actualizacion)

Quarta-feira, Setembro 22, 2004

Manifesto Dadá



Chamo indiferencia ao estado dunha vida na que cada cal conserva as súas propias hipóteses pero sabe respectar as outras individualidades e defenderse, o twostep convírtese no hino nacional, negocio de ambigüidades, TSH telefonía sen fíos transforma as figas de Bach, anuncios luminosos e cartaces para burdeis, o órgano reparte caraveis para o Señor, todo xunto en realidade substitúe á fotografía e ao catecismo partidista.

A sinxeleza activa.

Poder distinguir a impotencia entre os graos da claridade: lamber o claroescuro e nadar na grande boca chea de mel e excrementos. Comparada coa escala da eternidade calquera acción é inútil - (se deixamos que o pensamento teña unha aventura cuxo resultado fose inconmensurablemente grotesco - importante referencia para o coñecemento da impotencia humana). Pero como a vida é unha broma pesada, sen meta nin nacemento inicial e porque cremos que temos que saír desta situación desagradable limpos como crisantemos lavados, proclamamos como única base do entendemento a arte.

(...)
Nós atropelamos a tendencia lacrimosa dentro de nós. Claquera filtración desa natureza é diarrea en conserva. Alentar esa arte significa dixerilo. Precisamos obras fortes, rectas, exactas e ternamente incomprensibles. A lóxica é complicación. A lóxica sempre esta errada. Arrastra os conceptos, palabras, na súa superficialidade formal, cara extremos de centros ilusorios. As súas cadeas matan, cempés enorme, afoga a independencia.

(...)
A moral atrófiase como calquera producto flaxelante da intelixencia. O control da moral e da lóxica inculcounos a insensibilidade fornte aos policías - causa da esclavización, ratas apestosas, das que están cheas as barrigas dos burgueses e que contaminaron os únicos corredores de cristal claro e limpo que quedaban abertos para os artistas.
(...)
A limpeza do individuo confírmase de acordo co estado da loucura, da loucura agresiva total dun mundo en mans dos bandidos que se destrozan os uns aos outros e destruen os séculos.



Tristan Tzara









Terça-feira, Setembro 21, 2004

Revelacións. Deporte final histórico con quiniela pacifista


ate o de agora a convivencia das persoas é dunha casualidade vexetativa
Sei sete pisos cada vez máis...
No 21 hai oficinas con luz eléctrica estridente.
A dobre contabilidade pecha cun saldo de sangue.
Un home está colgado sobre a cadeira xiratoria coa columna vertebral partida.
Na séptima vértebra existe unha mancha violeta con bordes verdes do tamaño dun tálero.
(Así consta no informe da comisión de prevención de asesinatos)
Oh Cristo misericordioso! Capitalista. Chega ao mundo cun grito de morte.
Deus non abandona aos seus.
As accións regresan voando ao Arnheim triplemente remachado (o asasinato pola espalda!)
Unha presión sobre o timbre de alarma avisa á comisaria de policía máis próxima.
Chegan policeman e bofia.
Dous uliron a torrada e marchan.
A xustiza segue o seu curso- Como sempre na dirección errada!
Xa os arrastran ante otribunal. Xa transpiran no patíbulo. En vano se debate a súa inocencia na cadea de indicios e eles arrepíntense demasiado tarde: un bon neumático é a mellor almofada.
Walter Mehring
Sobre a teoría do Dadaísmo
V.-
As persoas, como ensina a experiencia, non están nunca de todo satisfeitas coas cousas útiles e agradables (unha filosofía, uns tirantes, un cóctel, etc.) ate que a converten alomenos nunha moral ou cecais nunha relixión.
Daimónides
Almanaque Dadá
Naceu unha palabra, non se sabe como DADADADA xurouse amistade sobre a nova transmutación, que non significa nada, e foi a máis formidable protesta, a máis intensa afirmación armada do saúdo liberdade xuramento masa combate velocidade oración tranquilidade guerrilla privada negación e chocolate do desesperado.
Richard Huelsenbeck





Esposa. Marcel Duchamp

Segunda-feira, Setembro 20, 2004

Mar de Tinta en Ferrol

XA SABEDES QUE O DIA 2 DE OUTUBRO MAR DE TINTA SE DESPLAZA A FERROL
PARA REALIZAR O SEU ACOSTUMADO ACTO CIVICO.
NESTE CASO SERA DOBLE, XA QUE POLA MAÑAN, EN COMPAÑIA DE VARIOS
INTEGRANTES DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA, DAREMOS UN PASEO EN
BARCO E NOS ACERCAREMOS A INMENSA DESFEITA QUE REGANOSA ESTA PROVOCANDO
EN AUGAS DE MUGARDOS PARA INSTALAR UNHA PLANTA DE GAS QUE NON CONTA COS
REQUISITOS OBRIGADOS.

ASI POIS, O PROGRAMA E O SEGUINTE.
--SAIDA AS 9,30 DA MAÑAN, DA PRAZA DE GALICIA, PARA DESPRAZARNOS EN
AUTOBUS A FERROL.
--CHEGADA O MUELLE DE FERROL E EMBARQUE NA LANCHA PARA UNHA TRAVESIA
DIDACTICO-FESTIVA E PROTESTONA.
--COMIDA NA CASA DO MAR DE FERROL, PREPARADA POR UN AVEZADO COCIÑEIRO.
CONSISTIRA EN VARIOS ENTRANTES APETITOSOS E UN ARROZ MARIÑEIRO. SI
ALGUEN TEN PROBLEMAS CO ARROZ PODESE CAMBIAR IN SITU POR UNHA CHULETA.
POSTRES VARIADOS, CAFE E CHUPITOS. O MENU SAE POR 20 EUROS.
-- DESPLAZAMENTO A PZ DE AMBOAXE, DONDE TERA LUGAR AS "LECTURAS NA
TINTA".
ESTAN INVITADOS A PARTICIPAR TODOS OS PARTICULARES E COLECTIVOS COS QUE
POIDEMOS CONECTAR. A OPCION SIGUE E SEGUIRA ABERTA.
PARA O CASO DE QUE CHOVA, COMO EN FERROL NON E ARTE, TEMOS A OPCION DO
SALON DE ACTOS DO ATENEO FERROLAN QUE SE ATOPA ALI CERCA.
-- TRALO ACTO, DESPREGUE XERAL EN FORMA DE CUÑA OU DE MEDIALUA POLAS
RUAS DA ZONA, QUE ESTAN CHEAS DE BARES DONDE PODER ALTERNAR, COMENTAR
AS FAENAS, E TOMAR UN PISCOLABIS COS LUGAREÑOS.
-- ARREDOR DAS ONCE NOS ESTARA ESPERANDO O AUTOBUS PARA VOLTAR A
SANTIAGO.
CANTIGAS E AGARIMOS.

PRECISAMOS QUE VOS VAIADES APUNTANDO A VOLTA DE ESTA MENSAXE. CONVEN
SABER OS QUE VAMOS CARA O VENRES 24 DE SETEMBRO.
NO CASO DE QUE ALGUEN LLE INTERESE A VIAXE, PERO NON O RESTAURANTE, OU
VICEVERSA (QUE VAIA EN COCHE PERO QUEIRA COMER CON TODOS) QUE O
COMENTE.
NON HABERA PROBLEMA.
NON ESTAMOS SEGUROS DE QUE ESTA MENSAXE CHEGUE A TODAS AS QUE DEBERA.
PREGAMOS QUE O EXTENDADES.

CONTRA O CHAPAPOTE

CONTRA A UBICACION ACTUAL DA PLANTA DE GAS

CONTRA O PLAN DA SEPI

CONTRA FRAGA

CONTRA O MUNDO

VÉMONOS O DIA 2


Para máis información: andar21@artabria.com

http://andar21.net




Para Pierpaolo Piras e Giordano Segneri

l’onanismo

a quel tempo
aveva una stronza carica d’amore
sul pene
è ritornato sul paese
e l’amore è diventato
frustrazione
trale mani coperte di seme

Domingo, Setembro 19, 2004

Manifesto Caníbal Dadá

Todos vós estades procesados: Poñedevos en pé! Só se pode falar con vós se estades en pé.
Permanecede en pé como se escoitásedes a Marsellesa, o hino nacional ruso ou o God Save de King. Permanecede de pé como tivesedes diante a bandeira. Ou como se estivesedes ante Dadá que significa vida e vos acusa de amar todo por esnobismo con tal de que sexa moi caro.
Volvíchedesvos sentar todos? Tanto mellor, así escoitaredes con maior atención.
Que facedes aquí apretados como crustáceos serios?- Por que sodes serios, non é?
Serios, serios, serios ate a morte.
A morte é unha cousa seria, eh?
Mórrese como heroe ou como idiota, o que vén a ser o mesmo. A única palabra que ten máis dun valor cotidiano é a palabra morte. Vós amades a morte que morren os demais.
Á mort, matádeos, deixade que a palmen.
O diñeiro é o único que non morre, sóse vai un pouco de viaxe.
Iso é Deus! El venérase, un personaxe serio- diñeiro, é a reverencia de familias enteiras. Arriba o diñeiro!- viva! O home que ten cartos é un home honorable.
O honor cómprase e véndese como- o traseiro. O traseiro representa a vida como as patatas fritas, e vós coa votra seriedade apestades pero que a bosta de vaca.
En canto a Dadá: non ule, pois non significa nada, nada en absoluto.
Dadá é como as vosas esperanza: nada.
como o voso paraíso: nada
como os vosos ídolos: nada
como os vosos líderes políticos: nada
como os vosos heroes: nada
como os vosos artistas: nada
como as vosas relixións: nada
Asubiade, gritade, partídeme a boca- e logo, que? Eu direivos sempre que sodes uns borregos. Dentro de tres meses venderémosvos, os meus amigos e máis eu, os nosos cadros por algúns francos.
Francis Picabia






Poesía visual dende o Brasil

aí vai un link moi interesante cunha mostra de poesía visual de autores/as brasileiros/as.

http://www.imediata.com/BVP/

hai propostas realmente anovadoras.

quedei gratamente sorprendido.

Poema

Toca, minha amiga,
as cordas puras da tua lira.

Já a idade fez secar meu corpo,
embranquecendo-me os cabelos que eram pretos,
tornando-me os joelhos mais que frouxos.

E agora, ó companheira bem amada,
querem levar-te para longe do meu peito,
como fazem também às jovens corças.

Adoro, mais que tudo, a flor da juventude.
Meu coração apaixonou-se pelo sol,
meu coração apaixonou-se pela beleza.


Safo

http://www.terravista.pt/Guincho/2482/refugio.html


Sábado, Setembro 18, 2004

POUCAS METRAGENS NA COSSOUL

24 /25 Setembro 2004 - 22horas

24 Setembro:
Miragem de Ana Carina Dias
Hyssis de Nuno Beato
António Ramos Rosa de Catarina Medina
A Declamação de Mário Iglesias
O Beijo de Ana Margarida Cunha

25 Setembro:
Desvio 45 de António Correia
Anxioma de Miriam Reyes
A Rapariga do Espelho de Pedro Fortes
Cacilheiros de Pedro Sena Nunes

ENTRADA LIVRE
SOCIEDADE GUILHERME COSSOUL
Av. D. Carlos I, 61 – 1º
1200-647 Lisboa

mais um

Atopei un blog que me agrada especialmente, sobre todo porque se trata dun blog de fotografía, e dende sempre foi unha das miñas actividades preferidas
agardo que vos guste
fanse verdadeiros poemas cas imaxes.

O rei mono


on the biological cycle of the monkey king
decadence and death of a natural being

considerations apart keeping all aside
tell me for whom you work and i´ll tell you what you´re lacking
for hunger there´s no natural selection
you die and that´s it


second millenium of the best possible world
the way starts directionless for those without borders overcoming the impertinences whistled by the wall makers from the different route´s sides

how many yet to cross?
on this side we have hunger for some twenty more

on these pages there´s room for all
as well as in my belly

the guiding hand makes us face the light
far away
on the horizon prosperity blinding us
threatening to be no more than a torch

mum says good children never die
does she mean rather they never actually come to life
‘cause good and evil are too ambiguous terms for the gods to be able
to explain them without giving away
who those gods are who speak to us between electromagnetic waves?
the souls of good children who died unjustly
the guiding hand helping us move forward
hurrying us up
war is approaching
the monkey king walking on an empty highway
the light at the end signalling the path


A versión dixital deste poema formou parte dunha exposición no Centro de Arte Moderno de Quilmes en Arxentina.

Sexta-feira, Setembro 17, 2004

unha páxina nova

abrín este novo espazo.
ultimamente semella que estou a abrir moitos sites, pero isto responde a unha experimentación. Ando a aprender cousas sobre o deseño de páxinas.

http://albertemoman.iespana.es

Como veredes aínda case que non hai seccións, pero dende xa dispoñedes dun foro para pendurar todo canto desexedes: convocatorias, opinións diversas...
Agardo que vos sexa de utilidade.









Ferrol, 1976

Para os traballadores de Izar que loitan pola defensa dos sectores productivos. Lembranza daqueles tempos nos que Ferrol comezaba a estar marcado pola reconversión do sector naval.

I
abrazo as palabras
tentando rescatar calquera minúscula parte da memoria
entre as cinzas


II
abrazo a reconversión entre as palabras
froitos caídos da árbore
dispersos polo campo húmido da xeada tardía
podrecendo lentamente sobre os detritos
do estío xa pasado



III
four months later
wrinkling clothes piling up at the bottom of the wardrobe
the savings book framed on its last page
where long ago there used to be the picture of today´s lost love
hours of circumspection wasted sweating assent
and nothing
nothing else
strength watering down in sweat
despising the hours when the streets remain empty
helpless
susceptible of succumbing to hands that are
in altercates so skillful

the individual gets lost in himself
confined within hope
distrusting that outside the gates of his strength
systematically falling slowly into idleness
‘there’ll be eventually someone to die for me’
anonymously and before the world´s indifference
‘when that day comes i will go out
under the sunlight to search for love among the flowers’


Este último poema será publicado nunha escolma de poetas nos Estados Unidos. Como fun caer aí... quen sabe!

Quinta-feira, Setembro 16, 2004

imaxes

Para aqueles/as que quedarades con ganas de ver as imaxes

http://www.fotolog.net/albertemoman

agardo que pagase a pena

un pouco proselitismo, tamén

ante a pouca fortuna coas imaxes
retírome por uns días a recapacitar.

curiosidades

das cousas que se atopan pola internet

http://aloiranaogostademim.blogspot.com/

hoxe mesmo neste blog aparece algo sobre un estudo sociolóxico ben curioso, promovido, en certa maneira, polas 'forzas da orde'.


Quarta-feira, Setembro 15, 2004

O eu

pescudando na memoria (do ordenador), atopei un chisco do meu ego, polo cal me desculpo.

O moi repunante domíname en canto me descuido.

Agora non sabedes as razóns das miñas desculpas porque a imaxe, definitivamente, non se ve.

Un día destes, en canto teña un momento, heino solucionar.

Hoxe estarei entrevistándome co responsable técnico de Terras Gauda. Logo irei ao meu marabilloso curso de deseño é modificación de planos en 2D e 3D, no que pasarei cinco horas diante dun ordenador utilizando Autocad na súa versión do 2002.
Cando volte a casa, xa de noite, agora que os días van minguando paseniño, non sei se me atoparei con forzas para solucionar o problema das imaxes. Triste, agora que descubrín a razón fáltanme as forzas.

Ben, por se hai algún curioso, o que pretendía colgar era unha imaxe que Paco Macías me pedira para a promoción do meu libro. Era unha especie de presentación, coa imaxe de portada e algún engadido.

ben, unha aperta e agardo non desilusionarnos.

Malia todo, na sección véndonos, tedes algunhas imaxes que modifiquei eu mesmo, por iso da ociosidade e o mal gusto, ademais do que en primavera din en chamar egocentrismo libertario. Non no sentido máis puramente ácrata, ou si, nun sentido kropotkiano, ou... que carallo sei en que sentido, o caso é que nun debate deses de retrete, en grandes letras azuis, escribín

Egocentrismo literario, egocentrismo libertario

o debate foi longo, pero Pepe folkdido cabreouse porque lle pintabamos as paredes do váter. Non sei se coñecedes o folkdido, un bar de Lugo, que agora dee de estar de estreno. Parabéns para os traballadores, tamén para aqueles que agardaban, lendo o Le monde Diplomatique, na Candonga a que os traballadores rematasen a xornada laboral.
Lugo sitio distinto.

Pero non vos deixedes influenciar polas estupideces dun revisionista, mañá hame pasar.

unha aperta

se vos digo a verdade, vivir nun beirut en primavera, foi a experiencia máis comunista que tiven nunca. Como a comuna de París, se non lembro mal 1871, se non lembro mal, claro. Elvira coñece o Beirut e Primavera.
Naqueles tempos parecía que todo tiña un sentido real, sentiamonos verdadeiramente o comezo de algo.

Agora, nun sé si Asturies ye Nación, ou se volveremos sentir que existe o comite central, no local de Alto Minho, berrando Cuatro vaques roxes, ao son dos graznidos de Dolfu, ou ao proxeneta, proxeneta da 'sala de festas' de en fronte.

vou logo, algo hai que me agarda.


Terça-feira, Setembro 14, 2004

apuntamentos

a utopía non ten nada que ver con soñar nunha sociedade ideal sen ter en conta a vida real: a 'utopía' é un asunto da máis inmediata urxencia, algo ao que nos vemos empurrados como unha cuestión de supervivencia, cando xa non hai posibilidade de continuar dentro dos parámetros do posíbel.
Slavoj Zizek. O espectro segue a roldar (actualidade do Manifesto Comunista). Laiovento. 2004


deixo, como notas, as palabras deste psicoanalista e filósofo esloveno. por que, poderedes preguntar, porque hai anos que o espectro rolda os meus pensamentos; o espectro dalgo indescriptible, algo ao que lle levo dando voltas dende hai moito e que, despois de ler estas liñas de Zizek, descubrín que eu nunca fora quen de describir de xeito tan conciso e claro, as miñas palabras de poeta nunca lograran descifrar o soño.
Pode que para vós non signifique moito esta fragmento descontextualizado, pero para min é o comezo da argumentación do meu discurso.
No outro vértice do polígono atópanse uns versos que agardo sexan do voso agrado
índice e polegar
de teres un intre
sálvame
bica o membro que te oprime sen máis pretensións
que as de sentirte moi dentro do mundo
se tes un momento
mira por baixo da túa roupa interior
e verás o nome dos milleiros de dedos
que entrecruzaron os fíos do seu tecido
Pero, quixera lembrar uns versos de Boris Vian, que considero que poden dar esperanza; mais non a esperanza de quen agarda que o veñan salvar, senón a esperanza de quen adica, con determinación e esforzo, o seu traballo a salvarse.
Il faut bien se le dire, messieurs dames. La peau du gland, c'est pas inusable
Para quen non coñeza aínda a Rafael Amor, sirvan de introducción os versos que din:
Hay quien perece de sed en un río,
quien agradece la gota en el desierto,
quien se muere rodeado de la vida,
y quien se empeña en vivir entre lo muertos.
Hay quien deshoja la flor por capricho
y quien a diario se aferra a la esperanza,
quien con un soplo de amor inventa un mundo,
y a quien un mundo de amor ya no le alcanza.
Hay quien ama la verdad más que a nada
y quein se quema con ella como al fuego,
Hay quein quiere salir de las tinieblas
y quein vive en la luz y sigue ciego.
Hay quien pide piedad y no la tiene,
quén fué piadoso siempre y no la implora,
hay quien lleva la luz con valentía
y quien cobarde y cruel, suplica y llora.
Del que ayer sufrió mucho y hoy se olvida
y quien sin pena vivió, pero reacciona,
quien con pan y cobijo se revela
y quien tiene razón y la traiciona.
Hay quien cree en un dios por que le teme
y quien teme creer ante la duda,
quien se aferra a un más allá tras de la vida
y a quien lo mortal de la sangre no le asusta.
Quien espera un milagro que lo salve,
quien se salva a sí mismo de la nada,
quien se niega y mezquina la ternura
y quien reparte su savia enamorada.
Déixovos logo con este magnífico cantautor arxentino.

Segunda-feira, Setembro 13, 2004

e para ir rematando

IV
coñezo
tan só
a historia do sexo como flaxelación
nun infantilismo que me evade
na transición cara a tortura

da madurez souben
cando do sangue escorregando
polas túas coxas


V
as tres mil mans inocentes que posúo
son virtude para a miña perversión
que fala dos teus silencios
perforando o meu corpo imberbe


Domingo, Setembro 12, 2004

continuamos

III
culmino coa humillación
das miñas partes
confundindo o sadismo
entre as formas
que un murmurio de mar
transporta
corrompendo co sal
as superficies

non te miro aos ollos ausentes
perdéndome na virtualidade do desexo
feito imaxe


Sábado, Setembro 11, 2004

e uns outros

Nos próximos días irei mostrando uns poemas que xurdiron motivados por un acumulo de circunstancias diversas. Unha situación foi a provocada por un grupo medio Checo medio Eslovaco, que cantan nun dialecto xurdido de ambos respectivos idiomas, Czechomor. O descubrimento deste grupo débollo a Vlasta, unha amiga Eslovaca moi vencellada á miña familia.

I
véxome na oración
da misa do membro
coa sífilis de fora
e cuspindo seme a mancheas
envilecido
por unha sorna de galego ilustre
cagándose no santísimo

constrúo templos con imaxes
tridimensionais
de masas informes cultivadas
polo vicio e a perversión


II
non sinto as ganas de autocompracerme
tirando do sexo como argumento
desexo malia todo
as carnes diluídas
do teu corpo
filtrándose por entre os meus beizos
pechados pola tensión de terte
de conformar a túa figura
de ser sonda auscultando
un interior que non finxe espantos


Estes versos aínda non teñen un destino, nen unha ubicación, pero polo de agora formarán as aportacións a esta bitácora dos próximos días.


un poema dos que non sei onde colocar

sentímonos lonxe do destino
para crealo
coas palabras que cuspimos sobre a inxustiza


Sexta-feira, Setembro 10, 2004

aínda sumido nas palabras, perdido nunha música que envolve

aí vai un novo enlace para o que cómpre tempo e adicación.

http://www.intensidez.blogspot.com/

eu sigo afondando nas súas partes

só os meus pés. fósseis. a meus pés a pequenez
de dois olhos bagas que não consigo encher.

desta Ana dona do blog

e aínda máis desta mesma autora

http://www.sofragmentos.com/

cunha chea de segredos por descubrir.

quedei hipnotizado por tanta complexidade gótica.




recital en Ferrol

O día 25 de setembro, ás 19 horas e no local social da asociacón de viciños de San Xoan de Filgueira (Ferrol), vai haber un recital no que participarán Elvira Riveiro, Ramiro Vidal, Óscar Antón Pérez, María José Fernández e eu mesmo. Despois é moi probable que vaiamos ate Artabria, que está de celebración polo seu sexto aniversario.

mea culpa

I
industrioso afán
na designación dun cabelo entre cabelos
na terapia obsesiva de ofrecer
.................................................uns brazos ao vento
fregándose con fruición ao desexo
.............................................interiorizado
de ser
............máis
........................e
...............................máis
......................champagna quente
nun carbónico
....................mundo burbulla


II
visítome
............aínda
de cando en vez
para recrearme no calor do meu corpo
e sentir que aínda hai lugares
...........................................comúns
cun certo grao de privacidade



Quinta-feira, Setembro 09, 2004

tomates en rama

Un dos grandes manxares que a natureza pode proporcionar é sen dúbida, trala combinación de sinxeleza e esquisitez, unha ensalgada de mozzarela e tomate, do pequeno, ese que vén na rama. Mozzarela fresca picada, xunto a uns bos tomates, xunto cun bon aceite de oliva e un pouquiño de sal. Agardo que podades sentir como mollo o teclado coas miñas babas despois de escorregar visquentas polo queixo.
Hoxe vin a Leonor Watling e inmediatamente pensei na ensalgada de mozzarela e tomate.
Hai unha cousa que..., eu nunca idealicei a niguén e non creo nos ídolos, nin tan sequera a eses benerados ídolos da esquerda política. Sempre considerei que o ser humano ten que facerse a sí mesmo por medio da crítica a todo, incluso dun mesmo. Polo que en numerosas ocasións fun denominado un revisionista. Pero iso non me preocupa.
Ben, está o feito de que non son fan de ninguén e, polo tanto, Leonor Watling non vai ser unha excepción. Tampouco vou dicir que me cambiaría por ela no suposto caso de ser posible. Pero, se ben no blog VSQN se facía mención do sorprendete membro de Luís Tosar, e non por comparación, pero desexaría resaltar a tremenda 'admiración', por decilo dalgún xeito, que sentín hoxe ao ver a impoñente figura desta muller.
Xa co seu grupo Marlango sorprendeume positivamente, as diferentes facetas desta persoa, unida á súa innata sensualidade, fíxome desperdiciar unha hora e media de filme, pendente da súa figura.
Non sei se dixen xa que unha das miñas comidas prefiridas é a ensalgada de mozzarela e tomate.
Certas cousas vanse desligando dun mesmo, para converterse en incontible desexo.
Non creo divindades, non adoro fguras inacadables, pero sei recoñecer o traballo ben feito.
Aproveito para saudar a o Taranganho Vermelho porque está aí, non sei se desfrutando das ensalgadas, pero si sei que posteando con criterio e compromiso.

Indymedia Barcelona

como non pode ser doutra forma no estado policial no que vivimos, repítense as agresións da policía a inocentes transeuntes.

Video de la paliza que ha recibido una hija y su padre cuando intentaban acceder a su domicilo paliza por los nacionales a una hija y su padre - Imágenes que han podido captar las cámaras de Euskal Telebista cuando una hija y su padre intentaban acceder a su domicilio por una calle cortada. Según testimonios de vecinos y testigos, no se han limitado a darles una paliza, sino que se han dedicado a confiscar carretes de fotos, cintas de video, y a entorpecer la labor de los/las periodistas que estaban en la zona. ¡¡¡Que no actúen con total impunidad, saca tu grabadora fisher price, tu camara de video, lo que sea, pero que quede plasmado gráfica o sonoramente!!! Eguzki Irratia eta Euskal-Jai aurrera!

http://barcelona.indymedia.org/usermedia/video/12/paliza-nacionales-gazt1.avi


OS CARREIROS DA MORTE

A DURA voz do vento na alta noite
cecais é
a voz da morte que me chama.
A voz do río no inverno
cecais é
a voz da morte que me fala.
A sorrisa da flor que me namora
cecais é
a sorrisa da morte a namorarme.
A voz moura que levo en mín como
unha sombra clavada na conciencia
e que me dá medo escoitar
cando me fala
¡cecais é
a palabra fatal que me ha matar!

Manuel María. Camiños de luz e sombra

Quarta-feira, Setembro 08, 2004

un ano despois

un ano despois daquel 3 de outubro, relembro os poemas que lin naquel Filo-Café, pertencentes ao breviario, polo breve, poesía agrícola


I
inconsciencia
marcada no inverno
verde clorótico
........................de glifosato



II
cólmame de fresa
rotúrame
...............con gracilidade
labra a miña figura
..........................de clumbs nunha fonda meseta glabra
domina ese agrosistema inculto
deixado de todas as mans

dáme lume
.................e ponme unha estrella
................................................de botellín



III
ranquea
............................misericordia
tralo pescozo da serea
alén dos lindes misteriosos da historia
onde morre a estirpe
crepitando baixo a pegada do buldocer



IV
-aló
...................ollas?
onde o tempo queda reflectido
.........................................apenas nunha letra
e nun cranio branco
.............................sorrinte
-aló?
-certamente- unha posta de sol
uniformada
............................escafandro
vira necrótico o horizonte-
aló marcou coa súa pegada o pasado
.....................................................a terra
aló
camiñamos



Terça-feira, Setembro 07, 2004

resaca

despois da digresión desafortunada de onte, volvo a min de xeito diferente, pero non só, recoñecín na beira da estrada a quen me acompaña. Unha aperta.

I
caio
liberándome de min
trala masturbación

un momento sen o eco
das túas laceradas carnes
esgrimindo os argumentos
da miña fuxida

II
malia todo
preguntas por que permanezo

sen ti
non hai viaxe


Segunda-feira, Setembro 06, 2004

a la mierda

Branca, moitos de vós coñecedes a Branca, estame dicindo que non me recoñece no blog. Di que normalmente son unha persoa incisiva e desagradable, e que no blog parece que lle fago unha lambida de clítoris a todas as poetisas. Pois para que se recoñeza o verdadeiro eu e parafraseando ao Fernán Gómez: A LA MIERDA!
Que podo dicir... Pódeseme acusar de sentir debilidade polas poetisas? Se cadra polos seus poemas, porque alén da fisionomía sexualmente atrainte de certas poetisas, nunca fago mención delas en ningún dos meus comentarios, tanto no blog como por outros medios, porque o seus textos resúltanme insípidos e con mensaxes que denotan unha ideoloxía aprendida e asumida sen reflexi