non son quen de sortear as pantasmas.
non frecuento as despedidas, tampouco sei de futuros regresos.
de coincidirmos mañá agardo non sexa unha sorpresa para ninguén.
mais agora marcho porque teño que marchar
por non dicir e danar con canto sinto e penso, marcho para orientarme niso mesmo e non deixar espazo á fuxida.
só preciso dun momento para compracerme, deslearme deste eu mesmo e dicirche que malia todo non son posible como acordamos.
Sábado, Outubro 30, 2004
machei porque tiña que marchar
Quinta-feira, Outubro 28, 2004
a vivisección da vaca feita tolear
Comercio cun sen dúbida nos ollos, a vivisección dun terra alén dividido en finas porcións nas que a vaca tamén ri.
E na figura hai un adeus, o sen dúbida dunha despedida figurante, un encher os ocos na defensa da contraintención, que son eu, ti, aquel que se oculta por tras do absurdo para non ser sinalado, a fermosa e doce cincenta feromónica. Unha contraintención que disimula o que demos en chamar maldades para autoconvencernos da verdade, desa que nós só sabemos, desa que sentimos perto mentres nos mergullamos soliños na mesma contraintención con forma de vaca morta, de estertor espasmódico, tamén figurante, tamén sen dúbida as coxas da doída cincenta, máis que feromónica, pervertida.
Neste texto dun verso só, dun poema tan só, dunha parte aliquota de estupidez entre todas as outras partes proporcionais e ponderadas, nesta verdade contraindicada, nesta soidade indicada sempre polo máis indicado, nesta figura paternal que nos di como habemos ser, na súa parte aliquota que tan ben compartimos, na autocensura que ela provoca, no soño, no verde que sentimos fóra, no fóra que nos sentimos ás veces e no dentro coa feromonía dun sempreadeus como flor nos beizos.
E sóltate, sóltate das mans para caer a gusto.
Na velocidade que nos proporciona sermos vítimas amordazadas sádicas como un alter ego da submisión, nela figuramos de pernas abertas ao mundo, de posturas innobres fronte á loxa do falo, para ir rematando, exterminando o cincento da feromona.
Do gusto por caer, collín a postura.
Quarta-feira, Outubro 27, 2004
Alizia, por favor
Comezo alternativo
que por alternativo vai ao final
'escribir o nome con vómito'
ben sexa nas paredes, no papel (como acuarela) ou onde queiras
Elvira, os xurásicos falaban o Indio-europeo
no planeta dos simios é ben sabido que falaban inghlés, que para algo e a lingua do imperio
na idade do cemento armado 'que sepa yo, el gallego no existe'
ben, sen nome, mmmmmmaaaaaaaaaasssssssssttttttttttttttuuuuuurrrrrrrbbbbbbbbbbaaaaaaaarrrrrrrrssssssssssseeeeeeeee nnoooooo tttttttttttteeeeeeeeeccccccccccllllllllllllllllaaaaaaaaaaaaaaadddddddddddooooooooo ffffffffffffffaaaaaaaaaaaaaaaiiiiiiiiiiiiiiiiii qqqqqqqqqqquuuuuuuuuueeeeeeeeeeeee nnnnnnnnnnooooooooooonnnnnnnnn ppppppppppooooooooodddddddddaaaaaaaaaa dddddddddddeeeeeeeeeeesssssssssssssspppppppppppppppeeeeeeeeeeeeeggggggggggaaaaaaaaaaaaaaarrrrrrrrrrr aaaaaaaassssssssssss xxxxxxxxxxxxeeeeeeeeeeeemmmmmmmmmmaaaaaaaaaasssssssss........
na idade do aluminio fálase do feismo
vou durmir
estou na media fornada eu tamén.
do verde que levamos fóra
identifíquese
procuro a miña identidade
no teu verde
para sentirme parte de ti
da túa forza
fáctica
como un membro
viril
máis
dentro do teu corpo
‘tutta la sofferenza
in un colpo
di vista’
Terça-feira, Outubro 26, 2004
'I want to live in fire'
Ás voltas coa música, estou coa Apocalyptica, que non deixa de ser todo un espectáculo. A verdade é que co tempo, cando un se vai acomodando a certas cousas da vida, ás que nunca pensou se prestaría, xurde unha nova forma de revisionismo, se cadra ás veces un chisco reaccionario, no que un se pregunta sobre a estupidez do mundo e pensa en formas espeditivas para súa eliminación masiva. Neses momentos a música cumpre un papel esencial, particularmente grupos como este cuarteto de corda. Neste xeito de nova ilustración autárquica, grupos como The Smiths tamén teñen o seu espazo, aínda que, e malia o que se poida pensar, non hai como un bon Kalasnjkov, executado polo mesmísimo Goran Bregovic, para destrozar as ansias alienantes do máis influinte dos poderes fácticos.
Segunda-feira, Outubro 25, 2004
FILO-CAFÉ: HERANÇA E CRIAÇÃO
27 Outubro 2004,
21h
Bar da Sociedade Guilherme Cossoul
Com: Susan Pensak
Apresentação: Joana Lima
Performance: Cristina Benedita
Entrega dos livros de Susan Pensak:
Frankincense and Myrrh / Olíbano e Mirra ( inglês-português)
Denso com música ancestral: Ditos/ética de Pizarnik
Tradução Alexandra Bernardo que cantará Alejandra Pizarnik e Uxío Novoneyra
Ask
Lyrics by Stephen Morrissey
Music by Johnny Marr
Shyness is nice, and
Shyness can stop you
From doing all the things in life
You'd like to
Shyness is nice, and
Shyness can stop you
From doing all the things in life
You'd like to
So, if there's something you'd like to try
If there's something you'd like to try
ASK ME - I WON'T SAY "NO" - HOW COULD I ?
Coyness is nice, and
Coyness can stop you
From saying all the things in
Life you'd like to
So, if there's something you'd like to try
If there's something you'd like to try
ASK ME - I WON'T SAY "NO" - HOW COULD I ?
Spending warm Summer days indoors
Writing frightening verse
To a buck-toothed girl in Luxembourg
ASK ME, ASK ME, ASK ME
ASK ME, ASK ME, ASK ME
Because if it's not Love
Then it's the Bomb, the Bomb, the Bomb
the Bomb, the Bomb, the Bomb, the Bomb
That will bring us together
Nature is a language - can't you read ?
Nature is a language - can't you read ?
SO ... ASK ME, ASK ME, ASK ME
ASK ME, ASK ME, ASK ME
Because if it's not Love
Then it's the Bomb, the Bomb, the Bomb
the Bomb, the Bomb, the Bomb, the Bomb
That will bring us together
If it's not Love
Then it's the Bomb
Then it's the Bomb
That will bring us together
SO ... ASK ME, ASK ME, ASK ME
ASK ME, ASK ME, ASK ME
Oh, la ...
The Smiths
alentos sobre o prohibido
I
non teño liñas de metro
para colmar o meu descanso
pero si camiño
e suor
lembranzas do teu carmín descoidado
sobre o rostro
non canso de camiñar
aló onde ninguén me agarda
deixando na comisura do traxecto
restos do amor
que vou perdendo
II
é posible que non signifique nada para ti
pero o deporte ínchame
tamén
as pelotas
e non pouso a cervexa no ventre
mentres camiñas perdida
entre cuarto e cuarto
se cadra o cinceiro
en ocasións compartidas
mentres pousas os pés nus sobre as miñas pernas
e sorrimos entre o silencio
III
.............................dun poema de elvira
non puiden máis
que percorrer as túas mamilas
con ignorancia
e caer do silencio
da túa indiferenza
ate sucumbir
polo efecto da miña propia costela
cravada no peito
Domingo, Outubro 24, 2004
obrigado
fiquei sen palabras por un intre.
obrigado Alexandre Teixeira pola túa hospitalidade, obrigado á Incomunidade toda. Onte-hoxe filo café.
unha aperta
Sexta-feira, Outubro 22, 2004
CANÇÃO INGÊNUA SOBRE A CRUZ VERMELHA
Se todos os homens, em todos os países
Têm braços que levam
O pão
A esperança
E um hino nacional
Por que então pai
Comemos ramos de carvalho
E cantamos, quando chega o momento, poemas tristes
Pai
Estamos bem, estamos protegidos
À sombra da Cruz Vermelha
Quando se esvaziam os sacos de farinha
A lua se converte em pão diante de meus olhos
Por que, pai, transformaste meus gritos, minha fé
Em migalhas, em queijo amarelo
Nas tendas da Cruz Vermelha??
Ó meu pai
Acaso o bosque de olivas nos protegerá
Quando venha a chuva
Podem as árvores substituír o fogo para nós
E o luar
Poderá derreter a neve ou queimar os fantasmas da noite
Eu te faço milhões de perguntas
E em teus olhos, sinto um silêncio de pedra
Responde-me pai
Tu és meu pai
Ou por acaso me converti em filho da Cruz Vermelha
Ó meu pai
As flores brotam á sombra da Cruz
Os rouxinóis cantam
Porque então dinamitaram minha casinha
Por que, pai, sonhos com o sol quando chegas do crepúsculo
E me chamas, me chamas freqüentemente
Quando sonho com doces e uvas secas
Das tendas da Cruz Vermelha
Me privaram de meu balanço
Pisotearam meu pão no lodo e minhas pestanas na poeira
Me arrebataram o cavalo de madeira
Me obrigaram a pôr o fardo nas costas de meu pai
A suportar o peso das noites
Ah! Quem fez estourar em mim rios de fogo
Quem me arrebatou a virtude das pombas
Sob as bandeiras da Cruz Vermelha.
Mahmud Darwish
Quinta-feira, Outubro 21, 2004
medley
- chego agora.
toda uma noite os olhos a vigília o saber do tempo porque ele a cadeira onde me sentei para ver passar o pensamento.
Intensidez
e toda a ânsia foi engolida pelas horas e pelo homem.
dentro de mim.
dentro dele, o amor, com todos os seus fins, justificou as minhas esperas.
Mariza Lourenço
O cheiro da manhã penetra-lhes os sentidos e encontra-os colados no sêmen envelhecido. A solidão vazada agora é desejo em riste. Feita do infindável prazer do chupar, a boca recomeça novo ciclo. O orgasmo, em explosão lírica, inunda os anseios pecadores espalhando vida pelos poros latejantes.
Loba
non coñezo esta cama. este espacio entre as paredes. as sabas azuis, sen debuxo. é tan tarde e aínda non me levantei. el -sexa quen sexa- está na ducha, coa radio posta.
vsqn
Tirou a calcinha lentamente, sem desgrudar os olhos daquela buceta que se mostrava. Linda! Uma buceta realmente bonita, natural, com os poucos pêlos displicentemente crescidos, tentando inutilmente cobrir uma buceta que se queria à vista, exposta, oferecida.
invisível
Tiro de min as horas, xa é tempo. Limpo as extremidades e fico aínda no soño por un pedazo. Confíome ás partes, unha vez máis, para erguerme camiñando amodo co destino posto no retrete.
Quarta-feira, Outubro 20, 2004
muddy waters ou gústame como andas, gústame como falas, nena ...
VI
adoezo polo todo
que pendura nos silencios
sempre hai algo que se repite
nestes versos
de forma aparentemente casual
pero no meu idioma
nese que creei para mentirme
faltan as palabras
que se perden inmersas
na visceralidade da súa expulsión
no meu pensamento espiral
sempre gardo un intre para verte denovo
VII
volvendo sen min
sen ti apenas adherida xa
en pequenos fragmentos
á miña sombra
a pequena cincenta
de voz rouca
de suor impregnando
os xenitais
volvendo en min
á realidade
sorbendo
anmiocentese
da súa matriz
en espiral
articulando sons infantís
sobre realidades de pura erección
vilial
estéril
por un desexo enfermizo que detestas
en silencio
mimando coa seiva dos teus beizos
a sensación
cos ollos ausentes
avergoñados
VIII
no futuro
de ausencias
este é o meu mundo real
hiperreal
cunha inmensa vasectomía
facéndome estéril
Terça-feira, Outubro 19, 2004
Volvendo sen min
V
en cada despedida
son máis eu
mentres te vas facendo diminuta
e cólmome dos aromas
de todos os orgasmos
alimentados cos ecos da túa voz rouca
sobre as paredes
esa es toda ti
nas ausencias
es paredes que falan
reflexos dispersos sobre as superficies
unha voz na memoria
esa es aínda
no regreso
para min
que non volvo nunca
dicindo apenas nada
Segunda-feira, Outubro 18, 2004
o pensamento, con Magie Cheung
IV
co convencemento
do novo ser
entre as pernas
son máis outra cousa
limpo de amores e outras vergoñas
de esencias estériles
libando do momento
desta sinxeleza
admiro o sosego nun bico perdido
na furtividade da caza
xa non hai máis ausencias
sen pasado
máis esperas
sen futuro
somos os outros
que convimos no último acordo
bilateral
a existencia bipolar
non é máis asunto de ambos
senón teu e meu indistintamente
e por separado
sen terra
xa
sen unha bandeira definida
que eclipse outras dores
tan só a distancia de ambos
co mundo
perverso
del habemos amar
tan só
a dureza
Ponto de vista
Ponto de vista
Eu não tenho vergonha
de dizer palavrões,
de sentir secreções
(vaginais ou anais).
As mentiras usuais
que nos fodem sutilmente
essas sim são imorais,
essas sim são indecentes
Leila Míccolis
Domingo, Outubro 17, 2004
o pensamento
Sábado, Outubro 16, 2004
FILO-CAFÉ NO PORTO - 23 OUTUBRO
Porto – Púcaros Bar
(Rua de Miragaia, Arcadas da Alfândega)
23 Outubro 2004 – 22h
Filo-Café: Alejandra Pizarnik: Found on Translation
Com:Aida Cascais Soares (Portugal),Alberte Moman Noval (Galiza), Alberto Augusto Miranda (Portugal), Alexandra Bernardo (Portugal), Alexandre Teixeira Mendes (Portugal), André Veríssimo (Portugal), António Brás (Portugal), Aurelino Costa (Portugal), Elvira Riveiro (Galiza), Filipe Santos (Portugal), Jorge Neves (Portugal), Leopoldina Camilo (Portugal), Manuela Gavião (Portugal), Nuno Pinhal (Portugal), Marta Loureiro (Portugal), Regina Farmación (Portugal), Rui Farinha (Portugal), Susan Pensak (new york),Veronica Martinez Delgado (Galiza)
Apresentação e entrega do livro: "Denso Com Música Ancestral": Ditos/Ética de Pizarnik, da autoria da poeta nova-iorquina Susan Pensak (que estará presente)
He malgastado el don de transfigurar a los prohibidos (los siento respirar adentro de las paredes). Imposible narrar mi día, mi vía. Pero contempla absolutamente sola la desnudez de estos muros. Ninguna flor crece ni crecerá del milagro. A pan y agua toda la vida.
Alejandra Pizarnik
Tempo
Não sei da infância
mais do que um medo luminoso
e uma mão que me arrasta
ao meu outro lado.
Alejandra Pizarnik
no mar da nada
vivimos no mar da nada
como un soño
somos ese soño en esencia
por el e para el
despois das escuras pretencións comunicativas destes últimos tempos, cómpre reflexionar, a guerra non se dá por rematada.
un minuto de silencio
mmmmm
a decapitación da cincenta feromónica
debo, despois dunha fermosa noite cunha Magie Cheung de rostro cuberto, recapacitar. No efémero instante das horas todo fluíu con sinxeleza suburbana, nun pecado insconciente de si mesmo.
cómpre sempre ir máis aló
cómpre sempre difundir a mesaxe errada
para quen escoite dende as alturas
pero, como a Magie Cheung, non importan as alturas tendo un mundo valioso abrigando o corpo, por baixo da roupa. Ao fin e ao cabo, o común dos mortais está disposto a escoitar todo canto alimente a súa perversión, alén da realidade.
vivimos no mar da nada
en silencio
Thank you Magie for all, and take care.
Sexta-feira, Outubro 15, 2004
o día despois
Erguínme como cunha forte resaca. Andiven lendo os post de onte por ver de recoñecerme neles, e fíxeno.
Para este último post, só podo dicir que: houbo un tempo no que formaba parte de tantas asociacións que deixei de ser persoa, para ser 'membro de...'. Agora sigo sendo 'membro de...', pero porque penso co carallo.
Quinta-feira, Outubro 14, 2004
ficamos... na non sorpesa
ofrezo a miña bunda ao mundo, hoxe tamén á cannibalcafe, que deu co seu sangue nas miñas articulacións, polo acaso.
ofrezo a miña bundinha á serpe do membro que levamos dentro, adicando a exaculación a ese Onán, santo dos desposuídos, deus da soidade, para a soidade.
A Casa dos budas ditosos, quixen dicer, Cannibalcafe.
Vibro tamén nas ausencias
quixen dicer cannibalcafe, a falar dun asunto demasiado serio para ficar nunha brazada de seme feito historia cruel contra nós mesmos.
E habemos escribir unha historia de amor lonxe de máis para comprender por que precisamos de historias de amor.
podemos dicir que hai unha peaxe electrónica pola que a punta dese membro, que desvirtuado fala de nós, pase sen dor, sen olladas furtivas, na fuxida, sen escuras pretensións e as mellores ideas para con nós, que non son sempre ese matrimonio coa vida, que non son sempre esa ausencia na moral retorcida dun adeus para sempre.
pero, hoxe non hai poema, hoxe hai cannibalcafe
hai un adeus dende Sao Paulo
unido a Picabia polo amigo Raimundo, ao cal saudamos amigabelmente, que conseguíu unha versión do manifesto canibal dada en portugues, que todos e todas deberiamos agradecer.
unha aperta, todos somos mellor persoas grazas ao canibalismo, todos somos fantasticamente persoas gracias á antropofaxia, somos fanaticamente persoas grazas á misericordia e outras lacras patéticas, dignas da peor das ong's.
pero ante todo, un viva pola bunda da nosa amiga cannibalcafe, para ser profanada unha e mil veces co unico limitante do seu consentimento.
estou nas horas e nas ausencias
Sexta-feira, Outubro 08, 2004
Cento once
Coñezamos, de ser posible un algo sobre Kiko Neves
I
ela
outra
guindou pedras de rabia
contra da miña ventá
con nocturnidade
e xenreira
mesmo berrou
foi aquel día que te contei
que estaba bébedo
e vomitei
pola ventá
II
cando me coñezas finalmente
saberás quen son eu
como son eu
mostrareime espido
simplemente
e has saber que o que non te guste
é mentira
soamente terás que escarvar
coas unllas
furarme
ata me tirar de dentro
do máis fundo
III
aos quince anos botei moza
unha rapaza calada
que non coñecía
escoitara falar moitas veces
da vida de parella
así que me acheguei a ela
para gozar
de todas as posibilidades
de todas esas cousas
o amor e así
namorei coma un tolo
e tiven ciumes
amámonos e berregámonos
e marchou todo o encanto
en silencios tensos
e insoportables
tres tardes durou a historia
quince horas simplemente
como os quince anos
que tiñamos de vida
IV
unha noite moi longa
que non durmía
chamei por ela
a outra
non tiña senso
certo
son momentos de debilidade
a razón durme
e vence a irracionalidade
contestou dende o baño
dixo
estou espida
todo é moi estrano
non sei porque me chamas
seguíu a dicir
non ten senso
non sei nin por que falo contigo
tomareite xenreira de por vida
maldito cabrón
maldito cabronazo
berrou varias veces
seguíu un silencio incómodo
e volveu falar
non vas dicir nada
espida de todo
preguntei
Déixovos estes textos do poemario 'cento once' deste Kiko Neves inmortal.
Agardo que sexan do voso agrado
Quinta-feira, Outubro 07, 2004
a quentura ou a doenza
andas quente ou andas doente
de bo grado atribúome este primeiro fragmento da sentencia, para doente temos a Fraga nestes últimos días. Veño de ler a Ramiro, falando desas marabillosas actividades extraescolares dos amigos do partido popular.
Xa había tempo que ninguén mencionada a Roubarllo Quería e fíxome gracia que dentro dos deberes para as próximas eleccións aparecese o seu nome.
pero xa sabemos todos e todas que a mal fodedor ate os pelos lle molestan polo que non é de estrañar a cara de can veñen traendo os que crían ter todo atado e ben atado, tan só lles faltaba mirar para o interior do seu propio partido.
Como xa en sendo tradicional, o feudalismo galego non é ben visto para o centralismo español, polo que a Rajoy só lle falta instaurar en Galiza a prima nocte, traendo os sementais de fóra. Pola miña banda, coido que as señoras de Baltar e Cacharro, han ter xa máis dunha noite no corpo, polo que non sei se darán afeito a carne nova.
Mais, e coma sempre, deixándome levar polo erotismo do momento, a miña perversión impídeme ver máis aló do meu membro, sobre todo hoxe, que tras unha tarde chea de mar con vistas traio as hormonas un chisco desencaixadas, case como na canción de Alaska y los Pegamoides.
Boas noites a todos todos e non esquezan de sorrir.
volvendo á historia
vexo o látego da historia gravado nas paredes
un leito desordenado
as pantasmas da humidade entablando amizade cos currunchos escuros do cuarto
vexoa roupa interior de ambos ciscada polo chan
unha morea de soños mordendo os marcos de portas e fiestras
termando dun mundo sombrío cos extremidades estendidas sobre o baleiro
Quarta-feira, Outubro 06, 2004
Baile Átha Cliath
Do nerviosismo destes días á volta a un Dublín escuro e outonizo. Movereime polas rúas coa impresión de ter deixado algo atrás, se cadra nunhas verbas furtivas nunha xornada que marque un tempo.
Terça-feira, Outubro 05, 2004
Portal Galego da Lingua
Hoxe, despois de recibir un correio de Ramiro, no que me anunciaba o terrible asalto ao Portal Galego da Lingua, fun visitar a paxina por ver as dimensions do acontecido e atopei esta mensaxe:
Domingo, Outubro 03, 2004
Filo-café, periplo final e día de ausencia
Cheguei ao fin á casa, despois da ausencia. Agora dedícome a relembrar o acontecido con saudades, por ter deixado unha chea de amigos e amigas, os máis lonxanos de terras de Lisboa, tamén os moi queridos, e os non menos queridos e máis próximos, para voltar á rutina.
Para todos teño un recordo, si, no erótico tamén de cada momento, que o Ramiro ha lembrar xunto co Diego e a Elvira. Para a bipolaridade, para as fermosas palabras do querido Alberto á sempre presencia de Luísa Villalta. Lembro, lembro porque gosto dese sentimento.
Pero porque non todo é lembrar, sobre todo para aqueles e aquelas que non puidéchedes asistir ao filo-café, deixo a miña participación para o estando, porue alí estivemos estando.
I
vivo no pasado
cada día
comprendendo o futuro
xa sen misterios
vivo no zoar das teclas
aínda cando o presente me di que non existen
meditando sobre as formas
e o aroma que desprenden
no hiperreal impaciente
na ausencia de contornos
e friccións
o onanismo visceral
dun corpo que se rexeita
amando
confundido por un ir e vir
no vento
dunha canción de amor
II
o estando como ficción
pracer da ausencia
e na mesma
unha visión
colmada por un sentimento
terra alén
III
pasaxeiros do tempo
e da memoria
pasa a pedra de afiar
pola suspicacia
de partes ocultas
na ausencia prolongada
dun nós mesmos
anónimo
pasaxeiros
sobre terra enxoita
miriápodo cincento
de fame imberbe
nun adeus
de activa figura
recurrente na distancia
inocencia prolongada
de alfándega con bloques de aceiro
onde a prostitución campa
desvirtuada
no silencio que outorga
e sentencia
por uanimidade dos presentes.
No hiperreal todo flúe
A práxe do evidente
Estes non han ser os textos fundadores que liberen a miña terra, pero son uns versos dos séculos vindeiros.
Obrigado Alberto Augusto Miranda