Dia 15 de Janeiro 2005, pelas 22h, haverá:
Filo-Café: Teatro: Autor e Personagem, em Braga, no bar Insólito.
Estão abertas as inscrições para participar nos diversos modos que estes acontecimentos permitem.
Incomunidade
Tm: 965817337
Terça-feira, Novembro 30, 2004
Teatro: Autor e Personagem
Do cento once
I
acordamos
aquela noite acordamos
na distancia dunha comunicación de teléfono
sorrir
aquela noite de martes
para mércores
sermos felices
iso acordamos
ese martes era fin de ano
así que a mañá de aninovo
sorrín
e fun feliz
e ao día seguinte
era xoves
II
chámote
sigo ao meu
cóntoche
xa sabes
este profudo baleiro
este ser e non ser
esta miseria
e os mesmos resesos referentes de sempre
escóitasme en silencio
ata que respondes
egoísta es un egoísta
adicándome de seguido unha pauliña
que me afunde en remorsos
penso en berrarte
en mandarte a paseo
ou pedirte que cales
o único que fago
é escoitar sorprendido
e despois
colgar o teléfono
sen dicir máis nada
de seguido
pola noite soño contigo
e cando acordo
só lembro o mellor dos pesadelos
Kiko Neves
Segunda-feira, Novembro 29, 2004
Tamén o tempo nas horas
Preparamos sen presa o destino das ánimas
con consciéncia de proletários
que suan nos libros,
espreitando unha e outra vez
un horizonte nada à alba
onde os teóricos non se atreven a ollar.
Coñecemos a aqueles,
carniceiros erixidos salvadores
das vítimas do escárnio que figuran traballo de seu.
Negociamos con outros
que, cando ánimas innatas,
creron na revolta do home sen leis
e nen sequer o home é home.
Pero acadamos a vitória sen paliativos
chegando na abstención teórica
e medra a acción.
Óscar Antón Pérez Gracía
Domingo, Novembro 28, 2004
o tempo nas horas
Este poema é o primeiro do poemario 'o tempo nas horas' que vén de resultar gañador no certame de poesía Rosalía de Castro de Cornellá.
o corpo
coa idade marcada na pel
gravada coa silueta do cotiá afincada nas formas
construín no vento
unha palabra para facer o silencio
novamente
Sábado, Novembro 27, 2004
Sexta-feira, Novembro 26, 2004
Os cen golpes
Quinta-feira, Novembro 25, 2004
Resumo de contidos
Resumo dalgúns dos contidos do foro:
-Activación da comunidade arredemo (www.arredemo.info)
-Acto da Plataforma Galega polo Nom à Constituiçom Europeia
-Comunicados do Movemento polos Dereitos Civís.
-Actividades programadas por Unión Libertaria.
budas ditosos
Ben, posto a recomendar libros de sexo. Xa que se cadra me apresurei moito a recomendar un libro dunha rapaza tan nova. Vou falar dun outro que non é de nova nin de rapaza, pero que expresa abertamente un sentir sexual... (agora que o penso, segundo o señor Ubaldo si é de rapaza, pero quen cre xa nestas cousas)
Falo A Casa dos Budas Ditosos do amigo João Ubaldo Ribeiro.
Pero eu, como ben di o señor Manuel Rivas nun seu poema, 'eu falo falo ou non falo', vou calar.
A cousa quedou realmente fálica.
Confío que sexan de utilidade estas suxestións, que tenden a xogar co escándalo público para facer susexo, como ben nos respostan da incomunidade.
Quarta-feira, Novembro 24, 2004
Hai que foderse!
Terça-feira, Novembro 23, 2004
Jinggangshan
Por riba dos cumios soan os nosos claríns e tambores.
O inimigo rodéanos mil veces máis forte,
Firmes permanecemos na nosa terra.
Xa a nosa defensa é unha armadura,
As nosas vontades unidas como unha fortaleza.
De Huangyangjie o clamor do estrondo das armas,
A palabra chega o inimigo resgardouse na escuridade da noite.
Excremento mutilado
fixéronme unha tatuaxe
cun cravo enferruxado
que dicía
'amor de
(puta)
nai'
agora non ten brazo
ten un toco pulido
coma un peito de nena
que se volve nocturno e balorento
coas turbias humidades
dos solpores de outono
'Excrementos'. Fernando Castro Paredes
Segunda-feira, Novembro 22, 2004
CICLO DE CINEMA E MÚSICA NO ATENEO FERROLÁN
proxección do filme Nagoyqatsi (Vida como Guerra), este martes 23 de novembro ás 20:15 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Organiza: Colectivo OPAíí!!! - Rádio FilispiM / Colabora: Ateneo Ferrolán.´
+info no foro do blog
@s nov@s da Biblioteca Virtual
Podo furarte coa tinta negra,
chorarás nos meus folios apagados
e os panos que pidas
voarán para os países do desexo[...]
Alizia Fernández
o sinal implícito
a illa sempre neutra
o azucre turbio e esquecido
tempo,aire,noite
o colo deles en outono
a risada urbana na orella
o inseguro insecto instantáneo
Pedro Fraga Garea
a beleza do xesto
case un incendio quede
sexan as palmas devolvendo
a voz cristal convulso
Nana Coromoto
[...]É o puño que busca mans
bágoas de sal reflexando lúas
notas no vento
A pregunta, a dúbida,
que pode importar quen exclame[...]
Pindusa
É fermoso construir-te, construir-me. Reciclar trabalho morto para lhe dar de novo sentido.[...]
Ramiro Vidal
Domingo, Novembro 21, 2004
Primeiro amor
Sexta-feira, Novembro 19, 2004
I am Dina
Ole Bornedal fixo que o cinema noruego se mostrase en salas comerciais do Estado Español con esta magnífica fita. Por unha vez a calidade do cinema supera ao estilo mercantilista a que o audiovisual nos ten afeitos.
Permitídeme que faga unha recomendación especial, para este filme xenial.
Enquanto há força
Enquanto há força
No braço que vinga
Que venham ventos
Virar-nos as quilhas
Seremos muitos
Seremos alguém
Cantai rapazes
Dançai raparigas
E vós altivas
Cantai Também
Levanta o braço
Faz dele uma barra
Que venha a brisa
Lavar-nos a cara
Seremos muitos
Seremos alguém
Cantai rapazes
Dançai raparigas
E vós altivas
Cantai também
Enquanto há força. José Afonso
Coro da primavera
Cobre-te canalha
na mortalha
hoje o rei vai nu.
Os velhos tiranos
de há mil anos
morrem como tu
Abre a trincheira
companheira
deita-te no chão.
Sempre à tua frente
viste gente
doutra condição.
Ergue-te ó sol de verão
somos nós os teus cantores
da matinal canção
ouvem-se já os rumores
ouvme-se já os clamores
ouvem-se já os tambores
Livra-te do medo
que bem cedo
há-de o sol queimar.
E tu camarada
põe-te em guarda
que te vão matar.
Venham lavradeiras
mondadeiras
deste campo em flor.
Venham enlaçadas
de mãos dadas
semear o amor.
bis
Venha a maré cheia
duma ideia
p'ra nos empurrar
Só um pensamento
no momento
p'ra nos despertar
Eia mais um braço
e outro braço
nos conduz irmão
Sempre a nossa fome
nos consome
dá-me a tua mão.
bis
José Afonso
Quinta-feira, Novembro 18, 2004
O noso herdo
Nós somos un pobo de loitadores de sangue real:
os nosos devanceiros loitaron con folgo barudo;
o que cantaron vellas lendas, cumprírono eles:
en acción brillantes e sublimes defrontando a superioridade
do inimigo.
Os corazóns, decrebados en infindas mágoas,
as mans que retesiaron a vella, ferreña liorta,
non loitaron en valuto na sanguiñenta defensa:
a cabeza dos netos endexamais se xongue.
Aínda gardan sempre as súas espadas o cadulliño de terra
que as cinzas dos seus pais no seu seo conserva;
aínda alampan os seus corazóns en apapeante fogo,
cheo de sagrada carraxe na loita pola patria.
Ningún criminal inimigo debe profanar endexamais o chan:
pois están abonados de sangue e bágoas os veigais;
ningunha moutela de mala paz nos pode arrincar a nós
o herdo dos nosos pais deica o día do Xuízo!
Cancioneiro da poesía céltica. Julius Pokorny
Editorial Galaxia. 1991
A censura informativa sobre o Prestige queda impune
Despois da censura informativa practicada pola Xunta de Galiza e o Goberno Central, durante e despois do afundimento do Prestige, o MpDC presentou unha Queixa ao "Defensor del Pueblo" e unha Petición ao Parlamento Europeo para que velaran pola liberdade de prensa e o dereito a recibir unha información veraz.
Tras o informe do "Defensor del Pueblo" que considerou a información facilitada por estas administracións de "tendenciosa e partidista" e reclamou unha investigación parlamentaria, a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo vén de informarnos de que non pode tomar medidas contra o Estado Español por non poder reclamar a aplicación das directivas europeas existentes; unha que foi asinada polo Estado Español no ano 98 pero non foi trasposta nin tan sequera despois do acontecido co Prestige, e outra que non entra en vigor ate o 2005. Estas normas comunitarias obrigan ás autoridades públicas a transmitir aos seus cidadáns en caso de ameaza inminente para a saúde humana ou o medio ambiente, todas as informacións que manexen dende o primeiro momento para que sexan difundidas de inmediato e con transparencia.
Da resposta da Comisión Europea dedúcese que ambos gobernos estaban amparados en non dar información inmediata e incluso contraditoria porque aínda non era de aplicación a normativa comunitaria. Por este motivo o MpDC esixe que esta normativa sexa adoitada sen demora xa que no caso de voltar a producirse unha catástrofe ecolóxica de calquera tipo os cidadáns poderían ver anulados os seus dereitos de ter información veraz e clara. E unha irresponsabilidade do Estado que dous anos despois do accidente máis grave producido nas costas galegas aínda non existan normas claras para evitar este tipo de accidentes nin para coñecer o seu alcance real.
Movemento polos Dereitos Civís
+info no Foro desta páxina
Quarta-feira, Novembro 17, 2004
O MpDC critica á sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Lugo contra 3 sindicalistas de Lugo
O Movemento polos Dereitos Civís critica á sentenza ditada pola Audiencia
Provincial de Lugo que ratifica a condena dos tres sindicalistas de Lugo que participaban nun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño
En Compostela a Fiscalía pide para un sindicalista máis dun ano de prisión
por realizar unha pintada durante o conflito laboral e a folga de CESPA
Por desgracia, continuamos a ter que amosar publicamente o noso rexeitamento as sentenzas e as peticións de condena que desde o Poder Xudicial se veñen realizando nos últimos tempos no noso país.
En primeiro lugar, onte recibiamos a noticia de que a condena aos tres
sindicalistas de Lugo a máis de 14 anos de prisión era ratificada, e estamos
a falar de tres sindicalista que na tensión da pasada folga xeral estaban a
realizar un piquete. Este tipo de chamadas de atención pola vía penal o
único que tenta facer é amedrentar aos traballadores e ensinarlle deste
xeito o caro que lle pode saír a calquera erguer a súa voz nos tempos que
vivimos.
En segundo lugar, un sindicalista da CIG de Santiago de Compostela foi
procesado por realizar unha pintada nun conflito laboral e posterior folga
que tivo lugar na empresa CESPA. Neste momento, a Fiscalía solicita do
acusado máis dun ano de prisión. É isto normal? Podemos continuar a aturar esta situación de desamparo ante un poder xudicial que castiga a aqueles que defenden os dereitos dos traballadores e traballadores, que erguen a súa voz contra as inxustizas?
Desde o Movemento polos Dereitos Civís criticamos con dureza a situación que se está a vivir no noso país, no que se aplican diferentes criterios á hora de ditar sentenzas, o que fai sospeitar da imparcialidade e dos criterios dos xuíces, motivo polo que o MpDC xa reclamou en numerosas ocasións a
intervención do Consello Xeral do Poder Xudicial. Foi tamén por esta situación, pola que comezamos unha campaña de recollidas de sinaturas nos centros de ensino, na universidade e en todas as cidades de Galiza, e agora tamén esta campaña ampliouse e realizamos tamén unha recollida de sinaturas on-line a través de internet na dirección
http://perso.wanadoo.es/mpdc_gz/formulario.htm
Terça-feira, Novembro 16, 2004
II
“No soy positivo, nada puedo mejorar
Ni negativo, no perjudico a nadie.
Participo en la vida sin dejarme absorber
Y valoro todas mis experiencias
Porque son el espejo de mi vida
Y no me engaño:
Soy mediocre
Soy mediocre
Soy un elemento urbano
Discrepo del modelo del mundo
Y no permanezco impasible
Pero no seré protagonista
Mediocre siempre
Mediocre ahora
Soy mediocre
Soy mediocre...
Lucha tú por ser el mejor!!”
HHH (a por ellos que son muchos y están super-cachas. 1991)
asumindo a miña mediocridade
Sangue sobre silenzo
[...] Coa miña lingua que aínda vos cuspe
os restos de Bóveda,
escoitade o convivir entre o mar
e os ríos,
sentade na mesma cadeira onde moitos ergueron o
puño
e foron derrotados,
onde se feriu Galiza no puñado de aramios
que a paso lene aboian vento.[...]
Sangue sobre silenzo. Brais González.
+info sobre actos e presentacións, no foro deste mesmo blog
Segunda-feira, Novembro 15, 2004
chat e foro
a Loba deume a idea de colocar un chat no blog.
agora quen quixer poderá comunicar todo canto desexe, quedar con quen queira...
agardo que sexa do voso agrado
tamén incluín un foro, onde poderedes deixar rexistrado todo canto haxa de novo polo mundo, opinións, actos de todo tipo...
Vitriol - expo
18 Novembro 2005 - 19horas
Marco Brás na Sociedade Guilherme Cossoul
com Vitriol - expo de escultura
Performance de Berço e Parentesco
http://incomunidade.blogspot.com
Tm: 965817337
Domingo, Novembro 14, 2004
Ferrol esperta do seu sono
Sexta-feira, Novembro 12, 2004
penso logo insisto
lecer obligatorio
Quinta-feira, Novembro 11, 2004
estractos
ti fas das túas feces poemas sobre textos escritos por outros
pero eu confórmome con non mirar cara a dereita
respiro na procura da contracción perdida preparándome para o parto
respiro textos poemas eu non dereita contracción
Quarta-feira, Novembro 10, 2004

biblioteca
se o fogo ten dois lados, dois lados terá a água, dois lados o vento, e dois lados a terra. Se oito lados tem o mundo, quanto tempo um homem demora a conhecê-los na totalidade?
Gonçalo M. Tavares. Biblioteca.
Campo das letras. 2004
Sábado, Novembro 06, 2004
A falsa suicida
Nós, as mulheres nuas somos como os mortos. Ninguém consegue deixar de nos olhar. Que terão os nossos mamilos e o monte peludo do nosso ventre? Que coisa fatídica. Irremediável. Que pestilência. E que terão os olhos que olham, olham, olham. Se não estou morta não tenho outro remédio senão estar nua. Estou nua porque não estou morta. Naquele dia estava prestes a matar-me e sem calcinhas. Sem calcinhas. Ali comecei a trabalhar. Todas as cabecinhas a olharem para mim. Exactamente como agora. Cabecinhas. Uma moeda, outra, outra, outra, olha para mim, masturba-te, lança moedas até que fique nua de tudo e com a mão suja, olha para mim, masturba-te, olha-me nua para que perca a vergonha quando entrar na sala de autópsias.
A Falsa Suicida
de
Angélica Liddell
Sexta-feira, Novembro 05, 2004
tu nom o sabes
tu nom o sabes,
mas por ti se abriu
umha janela fechada
e por ela entrou
um cálido raio de sol,
para acalentar
um gélido coraçom
triste e sozinho.
Adriana Sartor. Amore e Amore
extraído da Agália. números 77/78
Quinta-feira, Novembro 04, 2004
Secuela de Boris Vian
para todos/as aqueles/as que leron algunha vez a Borias Vian pode que recoñezan en Jean-sol Partre a un seu personaxe de novela.
navegando por internet descubrín que é algo máis que un personaxe de novela, e ademais do evidente parecido con Sartre, é un galego/a que ten unha cociña que tamén é blog (ou é blog cociña) e que escoita a The Clash. deste blog móstrovos a traducción dunha canción de The Clash:
Non estou derrotado
(I’m not down, The Clash, 1979)
Se é certo que o rico leva unha vida triste
E isto é o que din todos os días
Entón que fan todos os pobres coas súas vidas?
Non teñen nada que dicir ata o día do xuízo final?
Zoupáronme, tiráronme
Pero non estou derrotado, non estou derrotado
Avergoñáronme, pero medrei
E non estou derrotado, non estou derrotado
Eu só enfronteime a unha banda de burlentos en rúas estrañas
Cando os meus nervios estaban a rebentar e eu
Loitei contra o meu medo, e non escapei
Non o fixen
E vivín ese tipo de día
Cando unha das túas penas debería marchar
E cae, e cae e toca o chao
Cae, e cae, e cae un pouco máis
Depresión
Pero sei que ten que haber unha forma
Na que poida viralo todo ao meu xeito
Coma rañaceos elevándose
Andar a andar, non vou desistir
Así que vas por aí e pensas que
Es o máis duro
Do mundo, de todo o ancho mundo
Pero estás a varias rúas de onde
As cousas se poñen realmente duras
Aínda non estiveches alí
Zoupáronme, tiráronme
Pero non estou derrotado, non estou derrotado
Avergoñáronme, pero medrei
E non estou derrotado, non estou derrotado
universo
universo farto
de persianas abertas
a todos os caos
viste de júbilo:
esquece-me!
Ludovica Cantarutti. Fuga dalla memoria d'agosto
extraído da Agália. números 77/78

