conta co beneplácito da dúbida
a dúbida mesma é beneplácito
onde doe
hai sempre unha ferida
sangrante
un dedo
unha man
un brazo no bizarro da dor
con nome de sucursal bancaria
onde hai unha man libre
existe sempre autocompracencia
erección
orgasmo sobre milleiros de linguas
zugantes
coñecín
un día
unha tal Caridad
non deixaba de ter unhas boas pernas
onde sosterse
deixeime acoller polos seus peitos
levado polos misteriosos azos
das súas aptitudes
hai sempre historias que doen
máis ou menos
logo todo pasa
co tempo
sobre todo no Nadal
deixo sempre un espazo no meu leito
para a debilidade
Quinta-feira, Dezembro 30, 2004
Caridad, vida mia
Quarta-feira, Dezembro 29, 2004
declaración
a tormenta escampa
coa forza dun cheiro familiar
reserva dun instinto primitivo
súo por baixo da túa pel
na húmida quentura da túa vulva
abalado
polas convulsións do teu corpo
tralas miñas caricias
posúo as claves dun soño egoísta
afondando na entreperna
en loita continua
co teu pracer
que mimo
coa dor agridoce da miña abstinencia
mentres impregno os rostro
cos teus fluídos
Terça-feira, Dezembro 28, 2004
terra enxoita?
a marca dun sorriso imberbe
nos xenitais
a constancia dun adeus
sobre as costas
exsangües
medimos a dor en palabras
pronunciadas
ou silenciadas
en pensamentos nos que damos
en cismar
porque dicimos que chove
e vai frío
pero tamén somos nós mesmos
cando escampa
sen caer na conta
ADRIANA ZAPPAROLI
Segunda-feira, Dezembro 27, 2004
aínda lembro
permanecemos espidos
na noite presente
xogando a mollarnos
co froito dos nosos sorrisos compulsivos
longo tempo na distancia
para xuntar
as nosas febles figuras
nun todo común
salpicado de erotismo
Domingo, Dezembro 26, 2004
Novidades no foro
Desterrada do meu corpo
Levo esta dor
cravada nos ollos
como unha doenza,
por máis quilómetros
que interpoña
non deixo de ver
este mar
afincado en cada parto.
Verónica Matínez Delgado. Desterrada do meu corpo
Letras de Cal. 2001
Sábado, Dezembro 25, 2004
GZ-editora e Mares de Queijo
Parabéns ao compañeiro Ramiro Vidal polo seu poemario.
GZ-editora publica Mares de Queijo do poeta Ramiro Vidal
Descargas en: http://www.agal-gz.org
Website: http://www.agal-gz.org
Os teus dedos na miña braga con regra
Gústame incomodarme,
levantar a miña saia,
abrir a miña braga
e ver o río.
A humidade onde
dentro de min
non hai ninguén.
Fuxo da miña vida
e vou cara ó manicomio
onde ninguén finxe
estar vivo.
Quero correr
como se me buscasen
pra matarme.
Deixei que el me tocase
porque me gustaba ser tocada.
Como unha frauta para un indio.
Como un instrumento dun país libre.
Lupe Gómez. Os teus dedos na miña braga con regra.
Edicións Xerais de Galicia. 1999.
Sexta-feira, Dezembro 24, 2004
Quen nos defende a nós dos idiotas?
Ese cristo morreu na cruz
por nós
alguén debería dizer-lle
dunha vez para sempre
que nós
nós
nunca seremos capaces dunha cousa asi
ainda que caian cinquenta dilúvios
ou cento cinquenta
e a terra se abra para tragar-nos
porque nós
nós
nunca pedimos este mundo
Servia-nos qualquer outro
Qualquer outro
Igor Lugris. Quen nos defende a nós dos idiotas?
Letras de Cal. 1997
Quinta-feira, Dezembro 23, 2004
biotopo
cómpre sachar moi fondo
para non dar co ferro nos cantazos
e aclimata-los ollos ó traballo manual
de colle-la polpa dos días con corpo de mazá.
cómpre rebentar de cara adentro
co sol e o mar e cantos lumes sexan conservados na memoria
e saberse fósil anaco de cuncha
bisonte ou fento
a rotación e a cópula.
A teta sobre o sol.Olga Novo
Letras de Cal. 1999
Quarta-feira, Dezembro 22, 2004
Delicatessen
(lírica do amor, patria e madrugada)
O primeiro que lle pedín ao meu corpo cando nacín
foi que servise tanto para fuxir
como para albergar homes-nenos-paxaros,
e pelicar patacas.
Que as mans que máis tarde tería levasen o bafo das bandeiras,
pero tamén a quentura das olas do caldo.
Na madrugada esperto sobre o meu corpo,
baixo o celme leitoso das miñas nais,
e vexo como desaparecemos en vidas licuadas.
Nin tan sequera o nome que me arincou do útero
obedece a estas pernas que fuxiron sempre de todo lugar.
Diario bautismal duna anarquista morta. Emma Pedreira Lombardía.
Espiral Mayor.1999.
Terça-feira, Dezembro 21, 2004
A néboa da Resignación
El mundo que queremos es uno
en donde quepan muchos mundos
Subcomandante Marcos
Todo o tempo do mundo para escreber
poemas: estou no paro, como todos
os meus colegas menos tres:
o que tivo sorte, a que emigrou
e o que levaba en segredo a sua
afiliación ao poder. Mido o tempo
coa velocidade das sombras
mentres espero e des espero e
des humana a vida e o tempo esgaza-me
o futuro, a búsola, e os camiños,
o tendón, o trilce e o carpe diem
e afogo na néboa da Resignación.
Cómpre saír á rua, Galiza, e avanzar
En rio, a suma de esforzos humana vida todos.
Odiseas. Sechu Sende.
Letras de Cal. 1998
Segunda-feira, Dezembro 20, 2004
Pel de ameixa
Parece innecesario falar de amor, ás veces,
e construír poemas de corpos derrubados,
de fume, de suor, de ventás apagadas,
de líquidos encontros e seguras derrotas.
Parece innecesario mais aínda transitan
folios e máis folios, e libros ademais.
Destrúen o silencio, de feble arquitectura,
dos que calando amamos con terca intensidade.
Parece innecesario falar de amor, ás veces,
para esquecer sen saña as bandeiras do odio
ou as bágoas humildes de quen non ten futuro
e nin pedir perdón por ignorar que somos.
Pel de ameixa. Marta Dacosta
Premio de poesía Miguel González Garcés, 1995
Sábado, Dezembro 18, 2004
mondo difficile
inútil e verdadeiro
mostro o poema que levo na pel
poema de indiferencia
de amor propio e alleo
inesperado
desesperado
seña de indentidae
epitafio
non hai outras marcas
nin estigmas
tan só un poema inútil
verdadeiro
Sexta-feira, Dezembro 17, 2004
prexubilados a partir de 52 anos
Sucede que me canso de ser hombre
[...]
Sucede que me canso de ser hombre
Sin embargo sería delicioso
asustar a un notario con un lirio cortado
o dar muerte a una monja con un golpe de oreja
Sería bello
ir por las calles con un cuchillo verde
y dando gritos hasta morir de frío.
[...]
Walking Around. Pablo Neruda
Residencia en la tierra
Kassandra
na enfermidade do rostro
non hai soños
as pálpebras riman ao vento
a necesidade de sentirse comprendidas
a pel mesma enérvase
finxe sorrisos cómplices
sen máis complicidade que o desespero
sen máis que hipersensibilidade na pel
e a forza das mans entumecidas
sen obrigas
alén dun dominio sentimental
Qune é Kassandra? Un espellismo
non ficcción da humanidade
Quinta-feira, Dezembro 16, 2004
Poetas e analidade
el infierno es este cielo
y es flama que se eleva
y es pájaro a volar
en la noche que se incendia
en la leve oscuridad
Burn it blue. Caetano Veloso e Lila Downs na Banda sonora de Frida.
son o vento
do lume a chama
na incandescencia do momento
fume de palabras
de actos irresponsables
disque
din tamén que vítima do instante
da corrupción do tempo
son distancia
infamia consecuencia de si mesma
na noite que se queima
horizonte perdido nos contornos da terra
feito escuridade
amazona dun peito só
o peito tan só
cheo de vida simbólica
de vida e morte nas mans ensanguentadas
amor e desamor
consciencia
existencia desprendida
sobre unha mágoa
caricia de cariño
valentía
Quarta-feira, Dezembro 15, 2004
silencio orixinal
Estendeu la detonació d'aquest
poema; després calleu
i diluïu-lo en el silenci
original.
Extendede a detonación deste
poema; despois calade
e diluídeo no silencio
orixinal.
Joan Brossa
luz que mima distancias
non hai poema coas fiestras pechadas
astutamente as codias repousan
endurecidas co balor
fronte ás gadoupas do tempo.
Terça-feira, Dezembro 14, 2004
amor orgánico
Sólo los obreros y campesinos irán hasta el fin, sólo su fuerza organizada logrará el triunfo.
Sandino. 1930
Ideario Sandinista. José B. Escobar
Departamento de Propaganda y Educación Política del FSLN. 1984.
Mentres buscamos a forza organizada debaixo das pedras, un poema
nas horas trabállase nocturna
unha sombra en tempos luminosa
abeirada
nun aló tan murcho ...
un insomne particular
as prostitutas fan un país
compracido
ás veces ausente
en cavernosas estructuras do pouco lucro
de suores
de formas gravadas na ambigua eternidade dos momentos
aloxadas na retina
..............pel lixada de humidades
na memoria das paredes
o resto do eu e ti
que somos sen-(min)-mental
busca acubillo nas ausencias illadas do mundo
na incomodidade da esencia do mesmo mundo
que somos tamén
nunha eterna despedida
Segunda-feira, Dezembro 13, 2004
contacto no hotel ambassador
eu non quero abrir as revistas.
a miña fame impediume bicar o teu anel,
ti es católica e nunca se sabe.
por min soubeches como fode o lumpen
pero opturei o grifo para seguir sendo unha ficción.
lembra.
a ponte chea de impactos de bala
a situación, a pirola no ar escuro,
o winston americano, o xeito de te esquecer.
miro,
son unha cámara perpetua no reality show,
cóntasme a túa vida para que sexa adulto
si, si,
¿mellor por diante ou mellor por detrás?
só pareces parva no teu horario habitual
breve sismo:
caíches
o sur moveuse un pouco do sitio
e nin tan sequer
proba outra cousa
Carlos Santiago. Metalurxia
Edicións Positivas. 1996
Domingo, Dezembro 12, 2004
os blogs que nos deixan
Alizia, Elvira, Ana (intensidez).
Non deixaron testemuña das súas palabras, pero con nós continúan.
Unha aperta a todas.
Joan Brossa
estes días volvín a recoller do andel un volume antolóxico sobre a obra de Joan Brossa, e entre os poemas aos que máis recurro extraio este.
La gent no s'adona del poder que té:
amb una vaga general d'una setmana
n'hi hauria prou per a ensorrar l'economia,
paralitzar l'Estat i demostrar que
les lleis que imposen no són necerráries.
A xente non se decata do poder que ten:
unha folga xeral dunha semana
sería suficiente para afundir a economía,
paralizar o Estado e demostrar que
as leises que impoñen non son necesarias.
Joan Brossa
Sexta-feira, Dezembro 03, 2004
Quinta-feira, Dezembro 02, 2004
praia de paxariñas
Vem pelos olhos se vendo
a névoa de seus amores
que nestas águas mexendo
já nascem estrelas e cores
de urze e tojo floridos
se cobre o peito em que esconde
na Praia das Paxariñas
a asa o voo e aonde.
José Carlos Soares. Areia de same
Estratégias Criativas. 2003
Quarta-feira, Dezembro 01, 2004
Furorscribendi
Saudemos ao Furorscribendi que nos deixa, desprendamos o seu enlace da nosa lista de enderezos, pero gardemos un espazo para ela no recordo, máis adentro aínda porque
A eternidade nunca será
Tan afortunada como o breve
Instante da túa existencia.
Adiquemos logo estes versos antigos para ela que marcha, permanecendo na memoria e leamos en alto mentres se vai facendo diminuta. Alén do horizonte perderase a súa figura, deixando ben perto de nóa a súa sombra.
Ha la curiosa facoltà
Di sembrare più giorno quando annotta
Le ombre sebbene si accentuino
fanno notte senza stelle.
Il sospiro caldo
fa una breve estate
Nel gelido inverno,
fa più inverno
L’inverno
E brucia
Con l’umida felce dei suoi occhi