'marabilloso mundo cruel' poderíase ter chamado este post.
onte podería ter sido uha noite máis proveitosa. Dende hai tempo non saio moito e dedícome a outras ocupacións tamén literarias. Onte si saín, fun ao cine, para ver 'Lili di' que á marxe dunha linguaxe soez e un final predicible pódese ver. Como dicía saín polo serán e descubrín, entre a maraña de cartaces que poboan os muros composteláns, unha actividade organizada por unha popular caixa de 'aforros' 'galega'. Un cartaz no que todo indica que se anunciaba un obradoiro literario dirixido por Yolanda Castaño, pero cun, ao meu parecer, pouco afortunado eslogan:
'Gústache escribir? con Yolanda Castaño'
Sobran as palabras se nos deixamos levar pola imaxinación. Pero realmente hai moito que engadir... Porque ben, escribir pódenos gustar independentemente da presencia de Yolanda, podendo esta, perfectamente, servir de estímulo para que nos sintamos máis motivados. Considerandoa a ela como un estímulo en si mesma, poderiao ser para moitas outras cousas: conversar, apreciar outras artes alén da literaria. Pero, relembrando unha expresión do Ramiro no Festival da Terra e da Lingua que viña a dicir algo como: 'Correndo o risco de semellar falocéntrico...' dándolle a volta á frase poderiamos concluír: con Yolanda Castaño gustariame...
Non é que me deixe levar moi amiudo por este tipo de reflexións, pero baixo o efecto da película co suxerinte da imaxe de Yolanda, non me foi difícil facer certo tipo de modificacións. O que si recomendaría á caixa de 'aforros' modificase de agora en diante o eslogan, por iso de manter a catadura moral, xa que está en xogo o futuro de milleiros de rapaces e rapazas que, inducidos polos seus proxenitores, abren unha conta cos seus exiguos aforros con vistas a pagarse a universidade. Non vaia ser que agora lles adea a todos/as por ser poetas. Porque alguén terá que traballar, digo eu.
5 comentários:
pero gustouche ou non a película? porque iso de "pódese ver" non aclara nada...
é unha película de difícil definición, porque non é abertamente erótica, pero si que pretende unha certa resposta no espectador, máis ola linguaxe que utiliza a protagonista, que por outra cousa.
despois, xa que se ambienta en un entorno marxinal, podía xogar un pouco máis con iso e darlle algo máis de veracidade á historia.
Polo demais é unha historia bonita e chea de posibilidades
en lugar de "gústache escribir?", deberían ter posto no cartaz "mil e unha formas de simular orgasmos en directo"...
e, digo eu, realmente alguén cre que as aulas de escritura sirvan de algo? eu creo que a mellor forma de aprender a escribir é ler, moitísimo. e escribir escribir e escribir ata que as palabras furen de tal xeito e cometas tantos erros que, de súpeto, un día, sae a frase que define todo o que sempre quixeches contar.
pero o dos obradoiros é como o da comida precociñada: 'solucións fáciles para unha vida rápida'. Alén diso, sempre está ben contar con intercambios de experiencias entre persoas interesadas nun mesmo tema.
...Ai, Albertiño, ceo: a ver se lemos un pouquichiño mellor os cartaces...!: poñía "Gústache escribir? Obradoiro de poesía. Con Yolanda Castaño", (ou sexa, coméraste unha liña polo medio).
Un bico grande!
Postar um comentário