Terça-feira, Setembro 13, 2005

harmonía de contrastes

'esta vaca non é terrorista arrepentido'. Os Resentidos
de ter unha vaca chamaríalle Lauren Vaca, ao touro se cadra Bogart, ou outra cousa. Pode que lle puxese un crotal único no mundo co nome de Lauren. Lauren a vaca... non había quedar mal.
sempre quixen ter un can co nome de Guenguis, para poder dicir que teño un Can na casa, polo demais os cans son bichos bastante detestables.
Pero as vacas son diferentes, enchúfaslles unha mangueira e en dez minutos tes case que o almorzo preparado. os insumos de fóra son mínimos: culler e cunca (que son investimentos e polo tanto só hai que adquirilos unha vez cada certo tempo), sucre, cacao ou café ao ghusto. Nas noites de inverno sempre se agradece a presencia de Lauren. Bogart, pola contra, sería bastante cabrón, por iso que sempre andaría coa teima de levalo ao matadoiro, ao fin, de ter cuchos habíallos encargar ao veterinario, que os trae metidos nunha pipeta, conxelados con nitróxeno líquido. A esencia dun Bogart metida nun frasco.
Se cadra tamén podería ter un frasco co nome de Lauren que me levase o almorzo á cama todas as mañás. Os frascos din que comen menos e teñen menos gastos, así podería cambiar a miña cunca de flores por unha de marca, cos bonecos dos 'tainy toons' debuxados todo ao redor.

0 comentários: