Sábado, Outubro 15, 2005

habédesme permitir

hábedesme permitir que hoxe tire algún que outro penedo contra o meu tellado, tan precario que semella de fibrocemento.
habédesme permitir que fale sobre un dos aspectos do sindicalismo e a organización social que máis repercute, ao meu parecer, na desmobilización da sociedade en xeral. Lonxe da propaganda, da inmediatez do pensamento alienado, existe unha perversión aínda meirande que afecta ás organizacións de base. E coido que resulta moito máis grave polo feito de que afecta á estructura das propias organizacións. Ao meu modo de ver, a aparición de profesionais do sindicalismo, liberados, motivou a desvirtuación dos movimentos, xa que desprazou, na maior parte dos casos, a responsabilidade cara persoas que pouco tiñan que ver co propio sector ou fragmento da sociedade a mobilizar, participando na desarticulación dos elos que unían á sociedade. Sendo os liberados a asumir o traballo das organizacións de base, o resto de membros das mesmas pasaron a resposder como mera afiliación véndose, maiormente de forma involuntaria, fóra da propia actividade da entidade, blindándose estas e caendo nunha espiral de endogamia, pecando nalgunhas ocasións de partidismo.
No momento que o 'afiliado'deixa de participar activamente nas decisións do organismo, comeza o proceso desmobilizador, deixa de sentir súas as campañas a levar a cabo, sendo actividades alleas aos seus propios intereses.

Ben, permitíchedesme e estouvos moi agradecido, agora debo marchar, como partícipe deste mal, agárdanme unhas cervexas á saúde do sector.

0 comentários: