traballar con obsesións adoita axudar á hora de conquerir estilo literario, pero ás veces...
no meu caso, para describir situacións concretas ou momentos moi específicos na miña vida utilizo, como símbolos, a persoas que coñezo ou coñecín nalgún momento da miña vida. Así aparecen nos meus textos unha xeira de nomes, para moitos descoñecidos na súa meirande parte, pero que simplifican moito o traballo de descripción de determinadas situacións.
É ben coñecido, coido, o caso de María Lado que aparece nalgún dos meus textos, pero temos moitos outros: Valentina, Marta Giulia, Pierpaolo, o doutor Segneri, do meu tempo en Italia; Pilar, unha compañeira de facultade que xogou un papel importante na elaboración de 'O lobo da xente', polo que é probable que me odie un pouco; Héctor, Grisel, David que coñecín no tempo que estiven en Inglaterra; aquela prosituta ucraniana que non tiven o pracer de coñecer en Moscova...
En fin, sen máis pretensión que a de crear figuras que colaboren na elaboración dos textos, uso as persoas que me rodean, incluíndoas finalmente para que consten e dean veracidade. O que si nunca fixera fora porme no lugar do aludido/a, elaborando unha resposta ao feito de aparecer asiduamente nas miñas invencións, polo que me sorprende agora saber os efectos do ego de cada un ante estas pequenas ousadías. Ben, agardo xogar un papel interesante no efecto que este feito teña no ego de cada un deles.
0 comentários:
Postar um comentário