Segunda-feira, Novembro 14, 2005

curtis tamén é un mundo




Variando o título daquel 'fisteus era un mundo' de Lupe Gómez, para falar do certame de relato curto de Curtis, fallado o pasado 28 de outubro. Alí estivemos nun grandioso reencontro con Xabier Bermúdez, que resultou gañador da presente edición. Foi un enorme pracer toparme de novo con el, despois de varios anos, e saber que non perdeu a ansia por achegarse ao aspecto máis cotiá da tradición galega, nunha prosa que recorda épocas pasadas ao mesmo tempo que as volta atemporais.
Recomendo encarecidamente a súa lectura.

0 comentários: