Segunda-feira, Fevereiro 28, 2005

como veredes nos posts precedentes, permmitínme certas licencias á hora de recrear a vida de Barry Coughlan, pero ao fin e ao cabo non transcendían demasiado.


Para compensar máis deses textos inspirado por Yuichiro Fujimoto:


non hai distancias
na quietude


alén da friaxe
unha historia
insondable
conformando a pel da estación
imberbe

Barry Coughlan (Cork)



para máis info, preme na foto

baixando amodo romana vestimenta

Hai mañás nas que acceder á verticalidade resulta doloroso, esta mañá foi unha desas. A verdade é que onte o efecto iguana puido comigo, polo demais tan só foron un par de cervexas. Un xa non está para as carreiras.
Despois unha mensaxe de merda no correio fíxome perder a paciencia e acabou comigo; pero o venres teño unha entrevista de traballo nA Coruña, xa pensarei como me desprazo ate aló. Hoxe non é un día para pensar, realmente non é un día para nada, corre un vento xélido que consume as forzas todas, e aínda enriba a boca seca e o eco dun lapote nas tempas ao mover cara os lados a cabeza. Hoxe é un día de merda.
un poema a Faemino e Cansado
A balada dun mundo romano
congratulémonos por tanta ansia
fiquemos agradecidos por tan xeneroso
agasallo
non deixa de ser cómoda esta vestimenta
Hai tempo xa, no blog de orballo, escoitei falar de Yuichiro Fujimoto, despois de escoitar as composicións musicais escribín:
evoluímos
á primavera
coas dores
agardando a espiral
como as horas que xermolan
o balbordo das augas
en fervenza sobre a pel
das estancións
baixamos amodo
a pequena montaña
Eu sempre baixo amodo as montañas sexan grandes ou pequenas, non fago como ese de Neda que baixou o teide en bicicleta. Realmente o da bicicleta foron tan só uns metros, o resto foi coas costas.
Logo lembro tamén a historia que conta sempre o meu irmán sobre un recital en Compostela. Dun tío que levou unha cabeza de vaca, non sei se frisona ou nativa, púxoa enriba dunha mesa mentres a cortaba cunha motoserra. Iso si que é unha performance.
Veña, imos marchando que xa logo é noite.

Sábado, Fevereiro 26, 2005

don't be fooled by cheap imitations




Preme a imaxe

deus falaba con parábolas como as do mexo

Parte I. A restauración.
Hai poucos sitios nos que se come peor que en Inglaterra, particularmente non coñezo ningún. Irlanda, por imitación, non é lugar para facer turismo gastronómico, pero ante tanta ignorancia culinaria están os restaurantes de todos os países que si teñen algo típico, converténdose nos xa famosos restaurantes chineses, mexicanos, tailandeses... e os respectivos ‘Take Away’. Entre estes restaurantes, claro está, hainos que modifican o menú, axeitándoo aos países de adopción, pero deixando sempre espazo na carta para aqueles emigrantes nostálxicos, e permitindo aos máis audaces comensais degustar as súas excelencias culinarias. Eu, particularmente, gosto dos restaurantes chineses; en Dublín, dun restaurante chinés en concreto, grazas a unha súa fermosísima empregada. Non vou dicir que comería todos os días para gozar da súa compaña, porque non é certo, pero si aprendería cantonés ou mandarín.
Nos restaurantes de comida para levar, non todo son desagradables sorpresas, e non todos os achádegos teñen que ver coa comida, nestes tamén hai rapazas fermosas.
Continuando co percorrido gastronómico-recreativo, temos comida en pub como o Porter House, onde fabrican a súa propia cervexa, competindo con Guinnes, ou no propio IFI (Irish Film Institute), sendo estas salas de cinema con pub, restaurante e cafetería, onde ademais de todo isto traballan camareiras principalmente eslavas de nada desdeñable presenza. Pero ben, o importante destes sitios son as actividades alternativas que proporcionan, como concertos, recitais, cinema e, como non, o deporte en todas as súas variantes.

Parte II. Hong Kong
Din, ou digo, que sempre hai unha razón para pensar. Eu penso moi a miúdo, mais non sempre en todo canto debera. Penso no que me gustaría pensar, en como me gustaría actuar, nunha vida ideal, se cadra nun ideal Hong Kong. Se puidese mudaríame a Hong Kong e faría fotos todo o día, como na ‘Caixa Chinesa’ con Jeremy Irions, aprender o cantonés e namorar do mundo, nun apartamento pequeno cun paxaro nunha fiestra, dun ton luminoso discordando co resto do entorno. Gustaríame describir en fotos o Hong Kong de Wong Kar-Wai, con artigos sobre o presente de cada detalle cotiá, nun xornal de follas grandes como sabas.
Falar en Inglés no Dublín sombrío de inverno faime pensar que estou máis perto de Hong Kong.

Sexta-feira, Fevereiro 25, 2005

paréceche incómodo o condón? pois proba a gonorrea.



Xa instalados en Dublín, co weekly ticket do Dart que nos permite desplazarnos durante unha semana onde queiramos, ou case, xa podemos disfrutar das vistas, das xentes e das peculiaridades destas. Creo que xa teño falado das pernas en Dublín, ben síntoo, son xa case unha obsesión.
Con certa calma, son distintas as historias que inspira a cidade, como por exemplo:

Preguntámonos o por que dunha hixtoria X, cun final X, que tamén pouco importa, sendo tan só relevante o intermedio, que describe a unha parella, x un e y outra, que circulan (termo extrictamente policial) por unha rúa baleira. Hai vento, se cadra, que abanea as ponlas das árbores que fan paseo a ambas beiras da estrada, movendo as follas ciscadas desordenadamente por un chan lixeiramente mollado. Poderiamos, chegados a este punto, se importa realmente se o chan está ou non húmido, e respondernos que non resulta decisivo para o transcorrer dos feitos, pero crea ambiente, tamén porque resultaría difícil describir os feitos, xa que pouco importan en si mesmos nesta historia x de final x, con x e y como protagonistas.
Nunha escena predominantemente marrón, onde sobresae o marrón das árbores, as follas caídas, os aspecto terroso do asfalto e as beirarrúas, unha parella camiña collida da man; se cadra el repousando a cabeza sobre o ombreiro dela, visiblemente unidos por un algo máis intenso que unha amizade (obsérvese que non digo 'que unha simple amizade', xa que rara vez as amizades son simples). El leva abrigo marrón, bufanda de la, na que se mesturan tonos marróns e grises e un pucho gris mate. Ela é nada máis que indispensablemente fermosa.
A historia está en que camiñan fortemente aferrados entre si, cecais sen rumbo, cecais para un ponte da que guindarse, ou sinxelamente van e veñen cada un falando da feira segundo nela lle foi. O caso é que camiñan xuntos, e o vento xeado fai que pechen os ollos, que o sangue lles corra polo rostro, xuntándose máis a cada intre, rozando o cabelo dela o rostro del, e el que non o aparta porque o cheira e todo lle resulta familiar e agradable, é por iso que continua a conversa falando baiiño, case que marmurando as palabras para que ela as sinta como súas e ambos se misturen co ambiente, coma o vento e non coma o mar, porque non hai mar, pero si ceo e nubes que pasan grises ate onde morre a escena e nós quedamos coas ganas de saber máis, coa sensación de que nalgún momento tamén nós fumos eles, ou sinxelamente desexamos selo, e con ese pensamento evitamos saber máis, esquecéndonos da historia x, do final x, tamén do x e y que eran protagonistas, para ser nós mesmos, con nomes e apelidos, e ser ela a nosa historia e el o que nós desexamos para ela e que non ansiamos coñecer porque sabemos que virá, tarde ou cedo.
Esa é a historia que eu quería contar, a vosa historia, a miña. Sen comezo, decorrer e final, porque como na vida mesma, non sempre hai nome para todo canto nos acontece. Non saberiamos precisar tampouco, o cando do comezo e o fin chega coa consciencia do sucedido.

Quinta-feira, Fevereiro 24, 2005

chapter one. O aeroporto

No lugar onde uns veñen e outros van, hai un oco sempre nun self service.
A rapaza que chora polo que deixa atrás, camiña desnortada. Aqueles que, vixiantes, buscan un recuncho onde evacuar augas. A rapaza que chora, arestora noutra dirección. Aquel executivo que prescindiu do glamour propio da súa caste para a portar á súa indumentaria algo de comodidade. Os que traballan en calquera curruncho. Os que falal e falan polo celular. A que chora, que xa non chora, e pide información con exhuberancia, como reclamando misericordia polo seu actual desconsolo, suspira, logo vólvese cara as indicacións e di adeus, cunha despedida que semella para sempre. Pero nada é para sempre, nen tan sequera a morte, que dura tan só un momento, despois xa é outra cousa, porque un non morre permanentemente, a non ser, claro está, que viva nun sen vivir.
Duty free. Nos aeroportos un sempre está libre de todo imposto, é sempre susceptible da desconfianza dun axente, un atópase sempre baixo sospeita.
Pola miña banda, como en todas partes, son un calquera nos aeroportos, por iso tento afacerme a que me restreguen o corpo cunhas luvas de látex,
a ver amigo, levanta los brazos un momento.

Quarta-feira, Fevereiro 23, 2005

Todos somos Barry Coughlan

Xa de volta, recuperado dos males da vida, desta vida aquí na Galiza, vou tentar nos próximos posts deixar os textos que se me ocorreron nesta viaxe. Son, principalmente estupideces que un vai recollendo das rúas ou de sabe deus onde.
Vou comezar cun texto da miña primeira viaxe a Dublín, logo, quen sabe.


Na primeira viaxe que fixen a Irlanda, decidín unha ruta: Dublín-Cork-Limerick-Galway-Dublín. Nun dos traxectos desta viaxe topei coa historia de Barry Coughlan.

O único reprochable, o mal gusto na selección da fotografia.
Todos somos un Barry Coughlan algunha vez. Unha nai preocupada pregunta polo seu fillo que lle falta vai xa para un mes.
A evasión.
Por iso resulta imprescindible posuir fotos dun mesmo de certa calidade, para figurar nos cartaces cun algo de estilo.
Vintetres anos, traballador eventual dunha empresa de construción, e disque lle faltaba a moza, o que lle faltaban eran as gansd e vivir.
Dun xeito ou doutro, aos inadaptados nos suburbios sempre lles dá por marchar.


Quarta-feira, Fevereiro 09, 2005

Dublin


ben, chegou o momento. En pixama, aínda quente polo roce coas sabas, estou en condicións de anunciar que marcho para Dublín ás tres desta tarde. A volta está prevista para o 22 deste mesmo mes.
As forzas, as ánsias nos petos, a man cheas, tamén o regreso como un anceio esperado.



Paint It Black (Jagger/Richards)

I see a red door and I want it painted black
No colors anymore I want them to turn black
I see the girls walk by dressed in their summer clothes
I have to turn my head until my darkness goes

I see a line of cars and they're all painted black
With flowers and my love, both never to come back
I see people turn their heads and quickly look away
Like a newborn baby it just happens ev'ryday

I look inside myself and see my heart is black
I see my red door and it has been painted black
Maybe then I'll fade away and not have to face the facts
It's not easy facing up when your whole world is black

No more will my green sea go turn a deeper blue

I could not forsee this thing happening to you
If I look hard enough into the setting sun
My love will laugh with me before the morning comes

I see a red door and I want it painted black

No colors anymore I want them to turn black
I see the girls walk by dressed in their summer clothes
I have to turn my head until my darkness goes

Hmm, hmm, hmm...

I wanna see it painted black, painted black
Black as night, black as coal
I wanna see the sun, blotted out from the sky
I wanna see it painted, painted, painted, painted black
Yeah


Esta canción dos Rolling Stones, versioneada por The Doors, Eric Burdon and The Animals, Vanessa Carlton... sirva de banda sonora á partida



Terça-feira, Fevereiro 08, 2005

Hoxe asinei nun papel, nun papel lixado de mans que traballan coa terra, que traballan con aquelo que mancha. Hoxe asinei tamén en contra do Concello de Vigo, a prol deses que traballan coas mans lixadas e manchan os papeis para que outros, tamén eles, os asinen.
Primeiro foron os da rúa do Príncipe (esquina Don Bosco) agora os de Coia, onde o Alcampo.
Hoxe unha señora que vende flores dende que ten memoria deume un papel para asinar, coas mans lixadas, dicindo:
a ver rapaciño, bota aquí unha firmiña que nos queren botar.
Asinei porque os queren botar, quérenos botar da rúa onde camiño, ás veces; da rúa onde tantos e tantas outras camiñan tamén, se cadra máis amiúdo.
Bótanos porque teñen as mans lixadas e afean, afean tamén porque ás veces é o seu único xeito de gañarse a vida, porque non posúen un establecemento cun letreiro ben grande
Benetton, Lacoste, ...
Bótanos porque as rúas son para os especuladores, porque as rúas serven para mancar a vista e quitar as ganas de vivir.
Señora Porro (Corinita), Vigo é feo pero grazas a xente coma vostede.





Segunda-feira, Fevereiro 07, 2005

Amor ou propensión?

Continuando cos estas 'Caricias Forzadas', ofrézovos este 'amor ou propensión'.
Nas cento cincuenta e cinco páxinas que secorresponden con esta obra, hai moitos relatos que me gustaría colgar aquí, pero que, debido á súa lonxitude, considero pouco oportuno, así que se alguén ten interese en ler o resto, que non dubide en pedirmo.
Bica retinas e soña sereas por tras de todas as portas que se pechan deixando a escuras a vixilia; escoitando pasos tras dos muros de papel, e intuíndo as formas mentres fitan polas pechaduras co seu fedor típico a corpo mollado de suor e quentura. Sabas que desprenden vapores ao comezo da noite, esperando estar máis quentes e suaves pola mañá, cando a obriga poida máis que o pracer de sentir unha voluptuosidade contaxiosa baixo o fluído visguento e mol do tecido sintético.

Un dedo vertical nos beizos, o aire expulsado polos dous sucos que deixa este na boca moi pechada; un ollar cómplice e un bico tras da orella, mentres da man o leva cara un dos buratos negros que se observan ao fondo do andar de luz, alí deixará de ser a nai discreta, responsable, adicada por completo á súa familia e ao seu traballo. Merecido, todo moi merecido. El, tentando vencer os prexuízos cara ela, que pola súa idade xa pensou ter esquecidos, deixase levar, submiso, compracente e cativo, moi pequeno, déixase introducir na escuridade para aprender algo da sensibilidade, da dozura e da lentitude que sen reclamala será requirida.

Domingo, Fevereiro 06, 2005

Caricias Forzadas


A obra “Caricias forzadas”.

Introducción: a preñez estrangúlame coa corda que ata e envolve o pergamiño, mirándome confeso que non entendo, mentres a miña vida pendura dunha desculpa obsesiva.
O anuncio que pide misericordia aos amigos e louvanza ao resto das xentes. Non son máis que un poema inmediato, coa súa verticalidade, coas súas breves liñas rectas.

Parte primeira: O figurante marchítase no segundo plano, mentres observa vibrar as margaridas enriba do piano tremulante, que cuspe notas sobre os zapatos dos asistentes; forzados a bailar, alzan a voz tentando eclipsar a música.
Nada permanece unha vez morta a escena, tan só o figurante que vive para o seu traballo, e petrificado permanece no seu posto agardando a flamante luz dos focos. Schmürz, con nome de estornudo, cría e recría voces en silencio.
A música continúa na parada dos monstros, os paseantes botan unha ollada furtiva ao interior e corren sen rumbo, dando ao esquecemento todo aquelo que tiñan aprendido dende nenos. De cando en vez algún entra, para saír despois. Detrás da barra anótanse os pedidos no corazón e na carteira, para facer unha repartición xusta a fin de mes.
O figurante claudica sempre, e a parada absórbeo, transfórmao en advenedizo; figurante covarde e advenedizo que deixa os seus bois ao camareiro, para que este lle dea un par de lapotes nas costas e unha tónica fría, o figurante non se emborracha.
De cando en vez, conquista o ombreiro dalgunha rapaza e fala, ela contéstalle de esguello e marcha pola porta, rara vez co mesmo home co que entrou. El, o Schmürz, olla ao seu redor na procura da vergonza, vóltase cara o camareiro buscando con man torpe outro vaso.
O figurante sae sempre da parada algo antes de que as luces rachen co cansazo, para manter a dignidade, por non ser empurrado polo atrapamonstros. Percorre a breve distancia cara a súa vivenda con pasos curtos pero enormemente rápidos, ocultando o rostro por tras do pescozo subido da chaqueta.
O Schmürz sempre espera con ollada ambigua, situada entre o medo e a vinganza, o momento de espertar do soño, e que un exército de homes como el o salven da miseria. Crese sátrapa, maiúsculo confidente do rei Schmürz.

Descrición do último, que non o derradeiro figurante: home de corenta e un taco de anos, cabelo mouro por tras das tempas e sobre os pavillóns auditivos, lentes grosos de pasta negra. Ollada perversa e desconfiada. Característica delimitante, afeccionado ao cine do destape.

Parte segunda: No silencio da noite as sombras desprázanse por entre a penumbra, un ser sae na procura de algo ou alguén. Faltan poucas horas para que o repartidor achegue os xornais aos seus respectivos quioscos; os panadeiros, e os seus iguais de sexo oposto, rematan de empaquetar as últimas fornadas e tan só algún borracho despistado poboa as rúas.
Un sobresalto, gatos que corren espaventados na procura dun refuxio seguro; un ruído xordo sobrecolle os corazóns dos lectores que se ven involucrados, de xeito involuntario, no transcorrer dos acontecementos; de súpeto, unha voz lastimosa que se laia. O figurante caeu sobre a beirarrúa mollada, decepcionado volve para casa, decide pospoñer a salvaxe saída para outro día, se cadra, con máis fortuna.
Pouco máis tarde, noutro lugar completamente diferente, unha pupa obtecta de lepidóptero racha a cuberta exterior para deixar paso a unha fermosa bolboreta, a primavera comezou e sae o sol por riba da herba mollada.

Adicado a Boris Vian.

Co dedo sinala o Schmürz, inmóbil. Hai un silencio moi longo.

‘Os constructores de imperios ou o Schmürz’. Boris Vian


Historias de Lugo cidade.



Sábado, Fevereiro 05, 2005

A ILUSIÓN

A Benita do Calderillas


Parolar no templo,
Onde as reliquias
Falan en lingua extranxeira.


Consola a morte
Aos corpos que traen pouca vida.


¡Recens!

As maos que labouran a terra:

O castañal
O torgo
A vendima
A tecedeira
O VENTRE DA MULLER.

Fiar coa ilusión,
Na roca,
A perpetuación dos corpos.


Librar nas curvas de Larouco:

As augas
A placenta.

Estrear a vida nun coche de linea:
Renqueante,
destartalado;
con culata de amianto no motor....

Todolos embigos da Parteira da Ilusión
son fermosos.


Soan as campas no val das fontes.

As augas do canto.



Asun Arias


Coido non ter colgado nada desta Muller de Vidro, como o título do seu primeiro libro. Agardo que sexa do voso agrado



Sexta-feira, Fevereiro 04, 2005

Vin un deserto de sargazos aló onde as plantas choran perfumes salgados

hai un cento de cousas que co tempo vou rescatando da memoria do ordenador. Son poemarios, relatos, proxectos que comezo e nunca remato... Ben, hoxe un outro texto dese 'Caricias Forzadas'.
Quixen ver máis aló das carnes en forma de verbena
Aderezadas con filloas de sangue
Quixen torturarme con corpos furtivamente anexionados ao meu
Como apéndices a un tanatorio de estilo’ feismo pequenoburgués’.


Botas de tacón moi fino altas ate o xeonllo, no negro nocelo exterior da perna esquerda unha cruz gamada. Ligueiro negro e medias de seda e máis nada, como se así fose dabondo. Se cadra algún matiz apenas perceptible que dificilmente lograría tapar unha parte substancial do seu corpo espido.
Entre unha melena espesa e negra un rostro desproporcionadamente pálido, deixados entrever entre as ondulacións do cabelo uns beizos escuros, uns ollos cun contorno negro subtilmente pintado sobre a raíz das pestanas.
Ollada fixa sobre a panorámica do campo da festa, chea de paisanos estáticos, mirando á súa vez á estraña visitante. A orquestra tentando manter a profesionalidade ate as últimas consecuencias.
Con determinada frialdade acomódase nun recanto do toldo do bar, sendo perseguida por centos de ollos incrédulos. A orquestra, ante tanta indiferencia, detén o desharmonizar en patente in crescendo. Sen máis, un cóbado na barra e un prolongado suspiro rompen o xeo e todo volve á normalidade. Unha voz grave de muller irrompe no balbordo xeral.
-Oyes! Ponme ahí un cacique con cola.
O camareiro sirve á muller mentres fala cun vello non lonxano sobre os particulares do nitramón como fertilizante. O camareiro, total descoñecedor das artes agrarias, bon comerciante, contéstalle como un total entendido mentres a festa continúa.

Quinta-feira, Fevereiro 03, 2005

a escaleira

O seguinte texto foi inicialmente escrito para Branca, un día que ela precisaba dunha escaleira. Despois pasou a formar parte dun relato titulado 'Benvidos á noite americana', no que Jim Morrison, Hugo Ball e máis eu camiñabamos por terras ourensás. Este relato pasou a formar parte dun libro de relatos titulado 'Caricias Foradas', aínda inédito e que continuará dese xeito indefinidamente, é posible que para sempre.
Un paso adiante e outro atrás. Trátase dun conto con música que se escoita na ascensión aos ceos, como se houbese máis de un. Pero máis trátase dun outeiro cheo de curiosidade por ver o que ocultamos entre a entreperna. Un paso adiante e dous para atrás, como a vida mesma. A escaleira se mostra angosta de máis e circulamos cun pé diante de outro, insinuando cun movemento de cadeiras a nosa procedencia. Dous cara adiante e pausa. Silencio. O baixo permite introducir un golpe harmónico de baquetas sobre a caixa de resonancia da batería. Este é un conto con moito conto.
Amodo a ascensión conclúe cos últimos acordes dunha guitarra afónica. O outeiro engurra a fronte mentres pingas de suor fuxidías delatan a súa excitación. Unha breve pausa para preguntarnos como son quen de masturbarse os outeiros. Da outra banda intúese xa un coro gospel de mulleres co pelo moi afro e un traxe de pantalón azul celeste. É o país de ‘Nunca Máis, afortunadamente’. Todos bailan en Nunca Máis, mentres concluímos cos últimos chanzos murchos polo querer e non poder, de atoparse tan perto da salvación sen poder avanzar. Pola nosa banda, ollamos para eles sorrindo, acadando un cumio de nubes con cadansúa escaleira propia. No ceo a ascensión é eterna.

Quarta-feira, Fevereiro 02, 2005

Antoloxía de poesía brasileira

ha xa moito tempo que, levado das mans por amigos e amigas dese país curman, paseo por páxinas de poetas do Brasil. Tanta é a diversidade de formas e contidos que un non pode deixar de visitar continuamente novos sites. Non é menos o caso da poesía en Portugal, obras tamén de queridos amigos que deberían darse a coñecer, xa non só dentro das súas 'fronteiras' senón tamén na Galiza, xa que aportan esa seiva nova que tanto precisamos, non porque non existan poetas galegos, senón para compartir novos xeitos de ver o mundo.
E por todo isto que dende tempo penso na edición dunha antoloxía de poesía brasileira, xuntando a todos estes amigos e amigas que poboan a rede, mais aqueles que non, para que acrescente o noso coñecemento desa fermosísima obra.

Como exemplo hai van uns estractos:

na ponta da língua (sua), dentro da boca, quase garganta, estômago, membro inteiro, é meu gosto que sempre fica. doce pra ser lembrado lentamente. doce pra ser lambido na medida exata de sua vontade. e que vontade! a mesma que eu sinto quando me desfaço desta roupa (uma peça, do jeito que você gosta) e te molho à distância.

e que seja assim, sentado nessa cadeira, ou em pé, observando-me da janela. querendo, se tocando.

...e me comendo inteira

com seus olhos de voyeur.

Mariza Lourenço


pendurado pelo pescoço
o gigante
é um peso morto

sobre o tronco

seu osso brilha

fosco


o coração dilatado
deita-se no lodo
ao longo do tempo
de centímetro cúbico

adriana zapparoli


Amanheci lirismo
Olhei meu corpo distraída
Ouvi a música dos meus sonhos
Beijei você

Vesti romantismo
Escutei o som dos meus desejos
Tomei o café das minhas vontades
Bebi você

Ao meio-dia
virei saudades
almocei mentiras
Esqueci você

Anoiteci desejo
Atendi às ordens do meu corpo
Engoli as nossas fantasias
Comi você

Loba


todo dia substituo um
cidadão de jeans san
dálias e cabelos gris
por um martelo e prego
sílabas no
branco da folha branca
cada pan cada
uma plêiade de me
mória e lixo
todo dia
revelo o bêbado ocioso
que nada
nada
nada
e sempre é um rosto e
um nome ensacado em
minha pele

Lau Siqueira


E moito máis, se cadra nos días sucesivos deixo máis mostras de todo isto



Terça-feira, Fevereiro 01, 2005

Acto primeiro

Baixo este acto primeiro preséntase o recital organizado polo Tangaranho Vermelho no centro social A Treu d'A Coruña, amparado pola diversidade e a sinxeleza desas reunións de amigos e amigas que volven a noite sinxelamente inesquecible. O que si sinto, a título individual, foi non ter quedado toda a noite como era o meu desexo, agardo impaciente a próxima oportunidade.
Neste acto primo tamén teñen o seu espazo todas as persoas que ven o sol ao amencer, todos os días e malia todo, porque saben mostralo aos que sufrimos cegueira. Sirva este acto introductorio como mención silenciosa.

Árias Pequenas. Para Bandolim


Antes que o mundo acabe, Túlio,
Deita-te e prova
Esse milagre do gosto
Que se fez na minha boca
Enquanto o mundo grita
Belicoso. E ao meu lado
Te fazes árabe, me faço israelita
E nos cobrimos de beijos
E de flores

Antes que o mundo se acabe
Antes que acabe em nós
Nosso desejo.


Hilda Hilst

(Júbilo Memória Noviciado da Paixão(1974) - Árias Pequenas. Para Bandolim - XI)

(Poesia: 1959-1979 - São Paulo: Quíron; [Brasília]: INL, 1980.)