Terça-feira, Agosto 30, 2005

notas

1.- Comunícame o Ramiro que 'Radio Filispim' comeza, dende Ferrol, a emisión en probas no 93.0 da FM. Ao enderezo opaii.rtm@gmail.com podedes enviar unha mensaxe dicindo como e de onde recolledes o sinal.

2.- Filo-café: Inês de Castro. 5 de novembro, 20.00 h Vigo-Galiza. Pub Sete Mares
Travesía de Santiago de Vigo, nº 2. 36201 Vigo
Inscrições Abertas
Organiza: incomunidade
Modalidades de participaçom:
poesía, performance, teatro, dança, música, fotografía, audiovisual.

Cada participante non debe exceder os 10 minutos na súa intervençom. Interesad@s en participar poñerse previamente en contacto (dizendo a modalidade de actuação) com:
Alberto Augusto Miranda (Portugal): incomunidade@yahoo.com.ar
Tm: +351.965817337
Xoán Carlos Domínguez Alberte (Galiza): xcalberte@yahoo.es
Tm: 619 788 097
Informaçom en internet: http://incomunidade.blogspot.com

3.- O portal de Internet arcosonline.com, na súa sección adicada á publicación de obras galegas, portuguesas e brasileiras, vai lanzar un poemario da miña autoría, baixo o título de 'Erótica'. Ficades convidados a descargalo, dende o portal, gratuitamente.

Sexta-feira, Agosto 26, 2005

amiaza para 'As Catedrais'

Segunda-feira, Agosto 22, 2005

luns

De volta á calor compostelana. Relendo o centoonce que soteño entre as mans. Despois do final dun concerto de La matumba en Pontevedra, con doces no bolso e a pena dunha fin de semana máis, colmada de ausencias e reencontros.

Sexta-feira, Agosto 19, 2005

a Francisco Domínguez Romero

trouxemos do tempo un verso
sacando da memoria as palabras
o son
dunha man
trémula


ficamos en silencio aínda un pouco
trazando
docemente
o futuro

Quarta-feira, Agosto 17, 2005

na memoria para sempre

Foi en múltiples ocasións nas que resaltei a importancia da memoria como pilar fundamental para a existencia dun pobo, dunha sociedade ou mesmo do propio individuo. Hoxe, con máis razón, reclamo a capital importancia da memoria, pois debemos lamentar a perda dun amigo e compañeiro. O pasado 12 de agosto faleceu Francisco Domínguez Romero. Non teño palabras e non quero tampouco buscalas para describir esta situación, coido que pouco debo e podo engadir ao feito.
Tan só dar a última aperta ao camarada.

Quinta-feira, Agosto 11, 2005

haikai

escribo mil veces
o meu nome na area
para esquecerme
outras mil veces

son froito de todas as dores


Alberte Momán

Terça-feira, Agosto 09, 2005

mexando por nós

sendo nós mesmos a mexarnos por riba, poderiamos xogar a lamentarnos cunha 'poética escatolóxica', relembrando tamén os tempos nos que a incontinencia nos marcaba como nenos e nenas.
Mais isto non queda... como dicilo, glamuroso, polo que existe unha tendencia a referirse ao poeta como un ente que carece de toda necesidade fisiolóxica que o una á superficie deste mundano mundo.
Nas relacións sociais e políticas vai acontecendo algo semenllante e, polo menos dende que teño 'razón' que non 'uso de', ao producirse un distanciamento entre clase política e base social, a primeira quedou como nun Olimpo ficticio, mentres que a segunda acuñou para si o termo de 'apolítico' ou 'apolítica' segundo corresponda á personalidade de cada quen.
E onde quedamos o resto? Pois nun limbo, flotando como cabaliños do demo e cunha sensación permanente de non pertencer a ningures.
E así remato(me)

Segunda-feira, Agosto 01, 2005

terra e lingua

Cando a ditadura é un feito
a revolución é un dereito
dicía Xurxo Souto, aos berros, perante máis dun cento de persoas no Festival da Terra e da Lingua, organizado pola Fundaçom Artábria.
Alí coreáronse outras proclamas do estilo na conformación dun novo mundo que queremos. Alí estiven tamén eu, cos meus versos e un bocata vexetal sobre a herba e a xeada.