Quinta-feira, Setembro 29, 2005

A Gentalha do Pichel

transcrebo nota informativa:
Se a semana passada já tínhamos adiantado a boa nova, a abertura do Pichel (o centro social da Associaçom Cultural Gentalha do Pichel ), hoje a Gentalha quer informar mais devagar sobre o programa de eventos que se vam realizar durante a inauguraçom.
Assim, a jornada inaugural começará às 19h com umha pequena apresentaçom do centro social O Pichel a cargo do responsável geral da Gentalha, Ângelo Meraio. A seguir, às 20h, @s assistentes estám convidad@s a uns petiscos para ver com calma o local e comentar as suas impressons e com certeza, as suas críticas. Mas será a exposiçom fotográfica Em dança, que apresenta a fotógrafa Luz Castro, a primeira das actividades que o número 21 da rua Santa Clara vai acolher como centro social O Pichel. Com tempo suficiente para contemplar as fotografias de Luz Castro e para ter comido e bebido, lá por volta das 21.30 horas darám começo as actuaçons musicais do Tino Baz e a seguir do Luís “Caruncho” com as suas Cantigas do Cego.Para acabar só fica lembrar que o Pichel está aberto a todo mundo e que sem a vossa presença e os vossos ánimos este projecto que agora começa nom teria muito sentido. A Gentalha do Pichel convida-vos a partipardes connosco nesta inauguraçom que com a vossa participaçom com certeza que se convertirá numha boa festa.

Quarta-feira, Setembro 28, 2005

Arxilosa

Este próximo xoves, 29 de setembro, ás 20.00 da tarde
presentarase na galería Sargadelos de Pontevedra (rúa da Oliva)
o libro de poemas
ARXILOSA
que vén de saír do prelo na colección Hipocampo Amigo de poesía.
O acto contará coa presenza de

Sabino Torres (editor)
Ana Acuña (profesora da Universidade de Vigo e investigadora)
Elvira Riveiro Tobío (autora)

Terça-feira, Setembro 27, 2005

Marikel Lahana - estreia mundial em lisboa


Marikel Lahana virá a Lisboa, a 29 de Outubro 2005, para assistir à passagem integral da sua filmografia. A maior parte dos filmes exibidos terão a sua estreia mundial nesse dia. O Acto decorrerá na Sociedade Guilherme Cossoul, pelas 21h.

ver filmes

Depois das projecções, dar-se-á início ao
Filo-Café: Filmografias Contemporâneas
Convidada: Marikel Lahana
Alguns emissores inscritos: Alberto Augusto Miranda, Alessio Velotti (napoli), Alexandra Bernardo, José Maria Frade, Louise Babar (bruxelles), Manuel Guimarães, Sónia Alves, Susana Rodrigues
Inscrições Abertas até dia 10 de Outubro
+ inf: 965817337

onte

onte fixen un post precioso sobre o ben que comera no Garum, sobre a soidade e as poucas ganas de cociñar só para min, sobre os problemas que teño con falar demasiado, pero fóiseme todo para o carallo, despois do que, quedei sen ganas para continuar a escribir.
hoxe é outro día pero continuo baixo os efectos dos problemas co post de onte, así que non vou engadir nada máis.
parafraseando a Fernán Gómez: 'a la mierda!'

Segunda-feira, Setembro 26, 2005

gazpacho de melón

Sexta-feira, Setembro 23, 2005

freedom

I used to think you understood
Taught me right and learnt me good
Made things simple for my brain
Told the truth and made it plain

But the implications I mistook
Until I found out whose side you took
And now with paper in my hand
I'm beginning to understand

So this is freedom - {They must be joking} They must be joking - {If they think its true} So this is freedom - [I doubt their truth} So this is freedom - {For me and you}

From the front page news to the interviews

It's sink the reds and lift the blues
They pretend they're differing points of view
But it's only different shades of blue

But the implications I mistook
Until I found out whose side you took
And now with paper in my hand I'm beginning to understand

So this is freedom - {They must be joking} They must be joking - {If they think its true} So this is freedom - [I doubt their truth} So this is freedom - {For me and you}

So this is freedom - {They must be joking}They must be joking - {If they think its true}So this is freedom - [I doubt their truth} So this is freedom - {For me and you}


F.R.E.E.D.O.M.
They locked us up once So they'll do it again

C.H.A.I.N.E.D.
They locked up my friends
Now they're coming for me

The housemartins

Cando estiven en Italia, resultoume curioso o feito de que unha das asignaturas máis importantes para moitos alumnos de agraria fose o 'Estimo', que non vén sendo outra cousa senón unha materia que ensina a facer valoracións económicas.
A miña inocencia facíame alleo a certas valoracións, eufemisticamente denominadas 'de estilo'. Eu que consideraba que as novelas xurdían da necesidade de contar unha historia, sen pensar na opinión dunha suposta crítica, que de existir que alguén me diga de onde saen as súas verdades absolutas senón da valoración subxectiva, ou na etiqueta e normas de bon gusto. Se un non pode contar as cousas como lle sae de dentro mellor que non conte nada.

Quarta-feira, Setembro 21, 2005

gosto da 'escritura'

'marabilloso mundo cruel' poderíase ter chamado este post.
onte podería ter sido uha noite máis proveitosa. Dende hai tempo non saio moito e dedícome a outras ocupacións tamén literarias. Onte si saín, fun ao cine, para ver 'Lili di' que á marxe dunha linguaxe soez e un final predicible pódese ver. Como dicía saín polo serán e descubrín, entre a maraña de cartaces que poboan os muros composteláns, unha actividade organizada por unha popular caixa de 'aforros' 'galega'. Un cartaz no que todo indica que se anunciaba un obradoiro literario dirixido por Yolanda Castaño, pero cun, ao meu parecer, pouco afortunado eslogan:
'Gústache escribir? con Yolanda Castaño'
Sobran as palabras se nos deixamos levar pola imaxinación. Pero realmente hai moito que engadir... Porque ben, escribir pódenos gustar independentemente da presencia de Yolanda, podendo esta, perfectamente, servir de estímulo para que nos sintamos máis motivados. Considerandoa a ela como un estímulo en si mesma, poderiao ser para moitas outras cousas: conversar, apreciar outras artes alén da literaria. Pero, relembrando unha expresión do Ramiro no Festival da Terra e da Lingua que viña a dicir algo como: 'Correndo o risco de semellar falocéntrico...' dándolle a volta á frase poderiamos concluír: con Yolanda Castaño gustariame...
Non é que me deixe levar moi amiudo por este tipo de reflexións, pero baixo o efecto da película co suxerinte da imaxe de Yolanda, non me foi difícil facer certo tipo de modificacións. O que si recomendaría á caixa de 'aforros' modificase de agora en diante o eslogan, por iso de manter a catadura moral, xa que está en xogo o futuro de milleiros de rapaces e rapazas que, inducidos polos seus proxenitores, abren unha conta cos seus exiguos aforros con vistas a pagarse a universidade. Non vaia ser que agora lles adea a todos/as por ser poetas. Porque alguén terá que traballar, digo eu.

o cabra

permítaseme facerme eco desta sentencia xudicial da que a santissima nos fai partícipes
"O adjunto de promotor público, representando contra o cabra Manoel Duda, porque no dia 11 do mês de Nossa Senhora Sant'Ana quando a mulher do Xico Bento ia para a fonte, já perto dela, o supracitado cabra que estava de tocaia em uma moita de mato, sahiu della de supetão e fez proposta a dita mulher, por quem queria para coisa que não se pode trazer a lume, e como ella se recuzasse, o dito cabra abrafolou-se dela, deitou-a no chão, deixando as encomendas della de fora e ao Deus dará.Elle não conseguiu matrimonio porque ella gritou e veio em amparo della Nocreto Correia e Norberto Barbosa, que prenderam o cujo em flagrante.Dizem as leises que duas testemunhas que assistam a qualquer naufrágio do sucesso faz prova.
CONSIDERO:QUE o cabra Manoel Duda agrediu a mulher de Xico Bento para conxambrar com ella e fazer chumbregâncias, coisas que só marido della competia conxambrar, porque casados pelo regime da Santa Igreja Cathólica Romana;
QUE o cabra Manoel Duda é um suplicante deboxado que nunca soube respeitar as famílias de suas vizinhas, tanto que quiz também fazer; conxambranas com a Quitéria e Clarinha, moças donzellas;
QUE Manoel Duda é um sujetio perigoso e que não tiver uma cousa que atenue a perigança dele, amanhan está metendo medo até nos homens.
CONDENO o cabra Manoel Duda, pelo malifício que fez à mulher do Xico Bento, a ser CAPADO, capadura que deverá ser feita a MACETE.
A execução desta peça deverá ser feita na cadeia desta Villa. Nomeio carrasco o carcereiro.Cumpra-se e apregue-se editais nos lugares públicos.
Manoel Fernandes dos Santos,
Juiz de Direito da Vila de Porto da FolhaSergipe, 15 de outubro de 1833."
.(Fonte: Instituto Histórico de Alagoas)mas foi o Adilson que enviou pra lista da Patota...

Segunda-feira, Setembro 19, 2005

Centoonce

Unha máis que recomendable lectura e unha máis que recomendable presentación.
O venres 23 de setembro, ás 20 horas. Na librería Cervantes (Policarpo Sanz, 27, Vigo), presentará Kiko Neves o seu 'Centoonce' (Ed. Xerais. 2005), contando coa presencia de María Lado e Fran Alonso.

Quinta-feira, Setembro 15, 2005

es minusválida, non podes bailar! (II)

es minusválida, non podes bailar! (I)

Terça-feira, Setembro 13, 2005

harmonía de contrastes

'esta vaca non é terrorista arrepentido'. Os Resentidos
de ter unha vaca chamaríalle Lauren Vaca, ao touro se cadra Bogart, ou outra cousa. Pode que lle puxese un crotal único no mundo co nome de Lauren. Lauren a vaca... non había quedar mal.
sempre quixen ter un can co nome de Guenguis, para poder dicir que teño un Can na casa, polo demais os cans son bichos bastante detestables.
Pero as vacas son diferentes, enchúfaslles unha mangueira e en dez minutos tes case que o almorzo preparado. os insumos de fóra son mínimos: culler e cunca (que son investimentos e polo tanto só hai que adquirilos unha vez cada certo tempo), sucre, cacao ou café ao ghusto. Nas noites de inverno sempre se agradece a presencia de Lauren. Bogart, pola contra, sería bastante cabrón, por iso que sempre andaría coa teima de levalo ao matadoiro, ao fin, de ter cuchos habíallos encargar ao veterinario, que os trae metidos nunha pipeta, conxelados con nitróxeno líquido. A esencia dun Bogart metida nun frasco.
Se cadra tamén podería ter un frasco co nome de Lauren que me levase o almorzo á cama todas as mañás. Os frascos din que comen menos e teñen menos gastos, así podería cambiar a miña cunca de flores por unha de marca, cos bonecos dos 'tainy toons' debuxados todo ao redor.

Sexta-feira, Setembro 09, 2005

ollada ecolóxica

tiña unha vaca que chegaba aos oitomil litros... e leveina a un centro de desintoxicación

para-noia visual:
indentifíquese problema e solución



Quinta-feira, Setembro 08, 2005

estavas só quase indefesa

estavas só quase indefesa
A brisa que vinha do mar
ondeava-tre o cabelo ao de leve
como que a segredar histórias antigas
e mistérios remotos de ilhas suspensas
Como intruso grardei distância
a olhar-te temeroso do feitiço
perdido no achamento de te ver
E indefeso fiquei eu.


'apenas um tédio que a doer não chega'. Fernando Martinho Guimarães
Edições Fluviais. 2005

Segunda-feira, Setembro 05, 2005

mil e unha horas

despois da presentación do poemario 'as mil horas', que circulou pola rede de diferentes formas, quedei matinando na ampliación do número de horas e incluinlle unha nova xeira delas, 'as horas de Pin', cunha nota introductoria que reflicte a evolución dun sentimento dende a soidade da espera á chegada de Pin, repleta de momentos intensos e longas ausencias.
Agora, haberá, agardo que non moit@s, quen se pregunte pola procedencia dest@ misterios@ Pin. Ben, aínda que pouca, Pin garda relación co personaxe dun libro de Samuel Beckett, 'Como é', sendo o meu Pin unha metamorfose do outro Pim, visto dende unha perspectiva diferente. Se ben, este novo engadido das mil horas, non se centra na vida de Pin (todo ao seu debido tempo), si se conta a historia dun encontro e como ese encontro foi quen de cambiar a traxectoria da migración de ambos, centrándonos nunha única liña, reptante sobre unha lama que, polo menos ate o encontro, impedía calquera equilibrio.
Polo momento, o destino deste novo conxunto de poemas é incerto, se cadra algún certame, se cadra a relirculación deste novo poemario por internet, quen sabe...
Polo de agora tendes o poemario 'erótica' na rede (www.arcosonline.com) polo que non vos vou saturar, pero mantédevos á espera.

Quinta-feira, Setembro 01, 2005

cinco e dez

xa non lembraba a forma da 'nabicol', debeu ser nunha ou dúas ocasións que me cadrou de ver algunha.
hoxe viñéronme preguntar se a horta era poética e eu pensei, de inmediato, na 'nabicol', pequena e imperturvable. Nese instante sobreveume a preocupación: e se todos os meus poemas tivesen forma de zanoura gordecha e compacta?
a cousa non é para rir. Se cadra, todo se debe a un aquel de perversión subconsciente.
Como estabamos en directo, diante da ilustre audiencia fenesa, disimulei, agardando que as ondas hertzianas non fosen quen de transmitir os meus pensamentos.