Quarta-feira, Outubro 26, 2005

insurxencia (anónima?)

traballar con obsesións adoita axudar á hora de conquerir estilo literario, pero ás veces...
no meu caso, para describir situacións concretas ou momentos moi específicos na miña vida utilizo, como símbolos, a persoas que coñezo ou coñecín nalgún momento da miña vida. Así aparecen nos meus textos unha xeira de nomes, para moitos descoñecidos na súa meirande parte, pero que simplifican moito o traballo de descripción de determinadas situacións.
É ben coñecido, coido, o caso de María Lado que aparece nalgún dos meus textos, pero temos moitos outros: Valentina, Marta Giulia, Pierpaolo, o doutor Segneri, do meu tempo en Italia; Pilar, unha compañeira de facultade que xogou un papel importante na elaboración de 'O lobo da xente', polo que é probable que me odie un pouco; Héctor, Grisel, David que coñecín no tempo que estiven en Inglaterra; aquela prosituta ucraniana que non tiven o pracer de coñecer en Moscova...
En fin, sen máis pretensión que a de crear figuras que colaboren na elaboración dos textos, uso as persoas que me rodean, incluíndoas finalmente para que consten e dean veracidade. O que si nunca fixera fora porme no lugar do aludido/a, elaborando unha resposta ao feito de aparecer asiduamente nas miñas invencións, polo que me sorprende agora saber os efectos do ego de cada un ante estas pequenas ousadías. Ben, agardo xogar un papel interesante no efecto que este feito teña no ego de cada un deles.

Segunda-feira, Outubro 24, 2005

do suicidio





+










Segunda-feira, Outubro 17, 2005

Filo-café: Inês de Castro

Filo-café: Inês de Castro
5 de novembro, 20.00 h
Vigo-Galiza


Pub Sete Mares
Travesía de Santiago de Vigo, nº 2.
36201 Vigo

Acto Público Aberto Ao Desejo e à Criação

Organiza:
incomunidade


Emissores Inscritos:

adrán escarpa (león - performance); alexandra bernardo (carcavelos - música); alexandre teixeira mendes (porto - poesia); álvaro simões (coimbra - pintura); amadeu gonçalves (famalicão - literatura); ana bela covão (lisboa - fotografia); ana macedo (porto - filosofia); ana maria cibeira (madrid - poesia); anxo pastor (vilagarcia de arousa - pintura); aurelino costa (argivai - poesia); carlos peres feio (carcavelos - poesia); carlos quiroga (compostela - poesia); carmen nuevo (oviedo - poesia); companhia de dança amalgama (lisboa - dança); conceição rodrigues (porto - literatura); deborah nofret (ponferrada - multimedia); estela guedes (lisboa - audiovisual); eunice santos (lisboa - literatura); fernando rodriguez gomez (pontecesures - poesia); filipe sardinha (coimbra - pintura); gabriela rocha martins (silves - poesia); iana reis (lisboa - música); jorge neves (porto - cinema); jorge nogueira (coimbra - escultura); jorge velhote (porto - poesia); josé viale moutinho (porto - poesia); josé vicente (senhora da água - poesia); júlia moura lopes (porto - poesia); leopoldina camilo (vila real - filosofia); lois gil magariños (corunha - poesia visual); manuel forcadela (vigo - poesia); manuel vidal vilaverde (vigo - poesia); manuela gavião (porto - emergências); maria azenha (lisboa - poesia); maria gomes (coimbra - poesia); mário galego (nazaré - poesia); marikel lahana (paris - cinema); marisol oliva (vigo - comunicação); mônica delicato (s. paulo - fotografia); nani pinto (braga - artes tradicionais); nel amaro (asturies - artes performativas); nuno rebocho (lisboa - poesia); olga moreira (pombal - expressão corporal); patrícia afonso (coimbra - pintura); patrícia magadán (león - performance); paulo bragança (lisboa - música); paulo condessa (lisboa - poesia); paulo de azevedo (lisboa - fotografia); pedro lamas carral (compostela - música); ramiro vidal alvarinho (ourense - poesia); ramon cruces (compostela - poesia visual); rako (figueira da foz - pintura); risoleta pinto pedro (lisboa - poesia); rui mendes (coimbra - poesia); salviano ferreira (vila nova de gaia - poesia); servando barreiro (vigo - música); silvia zayas (león - performance); sónia alves (lisboa - artes plasticas); susana pestana (braga- teatro); teixeira moita (braga - teatro); teresa macedo (porto - filosofia); tiago gomes (lisboa - artes editoriais); tiago moita (s.joão da madeira - poesia); virgílio alberto vieira (braga - poesia); william gavião (porto - teatro); xabier rodriguez baixeras (vigo - poesia)

Sábado, Outubro 15, 2005

habédesme permitir

hábedesme permitir que hoxe tire algún que outro penedo contra o meu tellado, tan precario que semella de fibrocemento.
habédesme permitir que fale sobre un dos aspectos do sindicalismo e a organización social que máis repercute, ao meu parecer, na desmobilización da sociedade en xeral. Lonxe da propaganda, da inmediatez do pensamento alienado, existe unha perversión aínda meirande que afecta ás organizacións de base. E coido que resulta moito máis grave polo feito de que afecta á estructura das propias organizacións. Ao meu modo de ver, a aparición de profesionais do sindicalismo, liberados, motivou a desvirtuación dos movimentos, xa que desprazou, na maior parte dos casos, a responsabilidade cara persoas que pouco tiñan que ver co propio sector ou fragmento da sociedade a mobilizar, participando na desarticulación dos elos que unían á sociedade. Sendo os liberados a asumir o traballo das organizacións de base, o resto de membros das mesmas pasaron a resposder como mera afiliación véndose, maiormente de forma involuntaria, fóra da propia actividade da entidade, blindándose estas e caendo nunha espiral de endogamia, pecando nalgunhas ocasións de partidismo.
No momento que o 'afiliado'deixa de participar activamente nas decisións do organismo, comeza o proceso desmobilizador, deixa de sentir súas as campañas a levar a cabo, sendo actividades alleas aos seus propios intereses.

Ben, permitíchedesme e estouvos moi agradecido, agora debo marchar, como partícipe deste mal, agárdanme unhas cervexas á saúde do sector.

Sexta-feira, Outubro 14, 2005

agora xa!!!!


xa!!

Quinta-feira, Outubro 13, 2005

onte tiven un soño

foi unha cousa curiosa, pois espertei rindo a gargalladas. Eu era un preadolescente indio (da India), ao que os pais mandaran a estudiar a Caxemira, convivindo cunha parella de chineses, nunha vivenda de planta cuadrangular e teito a catro augas, de pouco máis dun metro setetenta de alto. A escena foi a seguinte: dende a única fiestra frontal do inmoble, un leito de metro trinta e cinco, coa parella deitada, sobre el un bolso inscrita a proclama reivindicativa 'mozos vivide libremente coas vosas parellas'. En fronte, como único elemento a maiores do leito, unha mesa redonda cun mantel ocre cubrindoa ate o chan. Os problemas comezan cando os pais do mozo irrumpen na estancia e o home saca a roupa para meterse debaixo da mesa, onde había un teléfono de ducha e unha palangana. Ás dificultades propias de ducharse debaixo dunha mesa, sumouse o feito de que o fillo o agarra violentamente por un brazo para tentar sacalo do seu hixiénico acubillo.
que cada un saque as súa propias conclusións.

Terça-feira, Outubro 11, 2005

causas pendidas I

Segunda-feira, Outubro 10, 2005

buscando unha terapia

'o traballo como terapia'
estou a preparar un post, ou dous, para mañá ou pasado, se é que podo, porque coa choiva veuse tamén un tempo revolto. De súpeto fíxose a escuridade e o que semellaba, ate fai pouco, sinxelo e rápido tornouse complexo e máis a longo prazo. Cando se agarda ate o máis breve instante semella un longo prazo. Estou ate o carallo de agardar, pero tento que iso non repercuta no meu estado de ánimo.
ate o de agora a cautela fíxome recuar fronte algunhas decisións de tipo profesional, pero se cadra cómpre analizar as cousas dende outra perspectiva, porque, tristemente, nada resulta ser como semellaba nun comezo, e as espectativas márcannos dunha forma insospeitada, facéndonos ver o mundo por tras dun filtro máis ou menos permisivo segundo a natureza do noso máis íntimo desexo. O problema chega cando o desexo frustrado busca unha compensación. Nese momento a realidade faise patente e un vese envolto nunha sorte de traizón conspirativa contra un mesmo que o fai renegar violentamente do entorno que ate o momento o envolvía.
Ou non... que nunca se sabe. Mentres tanto vou na procura da miña terapia.

Sexta-feira, Outubro 07, 2005

sen dúbida

vivimos, sen dúbida, tempos de cambio: máis dun mes que non chove dentro da nosa xeografía, China, cos seus dous sistemas un país, comercializará arroz transxénico, a Pin torcéuselle o dedo dun pe (dicir que é un cambio practicamente imperceptible, pero coido que a dor é o suficientemente perceptible como para facer fincapé no cambio. Todo é unha cuestión de perspectivas).
Pero, alén deste clima case que apocalíptico e estas transxenéticas variacións dos alimentos, que pasarán por volverse contra nós, facendo como na película das lesmas xigantes ou como no ataque dos ultracorpos, hai outras varacións menos agresivas, as que semanalmente, coido, nos trae a revista das letras, desta volta adicada a Ted Hudghes (aquel que se arrimaba a outras mulleres aínda despois de casar con Sylvia Plath), e estes cambios son os que fan dunha tarde estraña como hoxe un momento de entrañable disfrute e de agradable lectura.
E nesto estou a matinar xusto agora, que teño a OMC nunha parte do cerebro e a manifestación do 19 noutro curruncho inóspito do meu infrautilizado instrumento para a reflexión e o raciocinio.
Se tedes un momento, e tédelo senón non estariades a ler isto, parádevos un intre a ollar pola fiestra (como no ferriniano 'crepúsculo e as formigas') tentado escoitar as conversas de quen camiña, parándovos nas expresións particulares dos seus rostros, logo mirade para a estraña luz deste outono desprovisto de outono e se cadra chegaredes á mesma conclusión ca min. Vivimos nun tempo de cambio.

Terça-feira, Outubro 04, 2005

1 millón