Os meus tacóns son tabúes líquidos
esta mañá mamá taladra as paredes con
cancións de misa, rezos con ritmos, pantasmas sacras
que colgabamos na porta da entrada,
ningún anxo.
Quere luci-los cadros e perderse
nos camiños construídos durante todos estes anos
a base de óleo e cedras de pelo de marta grumbacher
dos pinceis traídos de América,
irremprazables.
Daquela só había un sitio para min
colgábame do pescozo o colexio de monxas
repuxado dentro da medalla que gañara por méritos propios:
silencio e bo comportamento.
Esta é unha historia terrible áceda e suxa
pero ata que unha non canta en altonon descobre os pecados:
deixarei caer o vestido
para manchar as follas
será igual de noxento que pensar no bolo alimenticio
baixando a gorxa cada vez máis enorme penetrando
o estómago nos libros de quinto;
así é como maría jesús frega as escaleiras e coida a portería
mentres sor custodia atende a secretaría
chegan rumores de que a literatura en oitavo vai ser difícil:
non deixa poñer as tildes os puntos e as comas
ata o final do dictado.
Agora sei que todo o que escoitei naqueles días perdidos
era mentira.O único que permanece indescifrable é o que ocorría dentro
do ximnasio ós mediodías e a vez que eugenia me ensinou
un pube incríblemente hirsuto ós once.
Tiven que escribir mil veces o meu nome antes de coñecerte
termita e pobre
porque o mundo vai por partes e esta relixión
digan o que digan
canta no inferno
coñece a tristeza de despois do sexo pero iso é un segredo
e tamén estes tacóns suxos do sábado mencendo.
Ana Cibeira
Quarta-feira, Novembro 30, 2005
Feliz e sangrando
Segunda-feira, Novembro 28, 2005
Sexta-feira, Novembro 25, 2005
Quinta-feira, Novembro 24, 2005
l'homme approximatif

'fondo domingo tapadeira sobre o fervor do sangue
semanario peso acurrucado nos seus músculos
caído no interior de si mesmo reencontrado
as campás sonan sen razón e nós tamén
soade campás sen razón e nós tamén
nós aledámonos do ruído das cadeas
que faremos sonar en nós mesmos coas campás.'
Tristan Tzara. 'L'homme approximatif'
imaxe: 'Tristan Tzara' por Vázson Olaj
o galego e a telefonía
Quarta-feira, Novembro 23, 2005
elvira riveiro tobío e arxilosas

elvira vén de sacar do prelo o seu segundo libro de poesía baixo o título de 'arxilosa'.
as Redes Escarlata sacaran, no seu día un especial do boletín 'espasmo' adicado a ela.

sendo, como é, polo menos a min parécemo, unha das poetas máis interesantes do noso país, e dígoo con moito máis que o aprecio que especialmente lle teño, podo dicir que este libro debería ser considerado como un punto de inflexión entre unha poética feminina dos noventa, fondamente marcada pola figura de Yolanda Castaño, para abrir unha nova era moi diferente e moito máis cercana ao cotiá de cada un de nós.
Domingo, Novembro 20, 2005
crazy en xuvecurtis.com
Quinta-feira, Novembro 17, 2005
Manuel Fraga. O grande demócrata
Manuel Fraga, participante activo da suposta democratización do Estado español, un dos pais da constitución (logo haberá quen se pregunte polas razóns que se argumentan para a necesidade de cambiar o documento por un realmente democrático que formalice a diversidade do Estado e defenda os intereses de tod@), di cousas como estas:
Fonte: il corriere della sera:
Manuel Fraga, ex ministro del Caudillo: «Non fu fascismo» «Zapatero sbaglia a riaprire le ferite, si deve guardare avanti»
Trent' anni fa moriva il dittatore spagnolo. «Fu un pacificatore. Non ho dubbi che col tempo il giudizio su di lui sarà positivo»
Franco lasciò un' economia in sviluppo, una forte classe media che prima di lui non esisteva se non a Madrid, Barcellona e Bilbao, e preparò la successione individuando la persona giusta, il re Juan Carlos. Tutto questo aveva fatto dimenticare agli spagnoli il modo con cui era salito al potere. In anni terribili, però, in cui le cospirazioni straniere contro la Spagna non erano frutto di fantasia
coido que non hai dúbida que o fascismo, coa máscara de democrático, brinda a posibilidade (obriga) á esquerda a recoñecer que a dictadura non foi mala e veu a traer a paz a un estado en conflito.
así vén a social democracia do psoe e as delcaracións últimas de Quintana sobre os independentistas detidos. Estamos fodidos e xogamos a seguir os pasos que marca a dereita!
Quarta-feira, Novembro 16, 2005
democracia? me muero de risa
unha volta e outra... máis
Segunda-feira, Novembro 14, 2005
curtis tamén é un mundo
Domingo, Novembro 13, 2005
de volta
volvín, e posiblemente con moito pesar. Entre as moitas experiencias interesantes destes días en Irlanda, estivo a visita a Irlanda do Norde, pasando a noite da fin de semana pasada en Glenariffe, nunha granxa de ovellas, e despois visita a Belfast, onde percorrimos os barrios católico e protestante guiados por un individuo moi peculiar.
volvín e o primeiro que fixen ao regreso foi durmir e logo... logo comecei a matar ao heroe. vou ar un cambio de perspectiva... pero esa será outra historia.







