Quarta-feira, Dezembro 14, 2005

closed

pechei,
ou como dirían en Ribeira, pechín.

Sábado, Dezembro 10, 2005

for sale

estou pensando que era bo o momento de ir pechando o local. Déxovos con algo máis dun ano de arquivos.
se cadra abra algún outro co tempo, pero agardo que un chisco diferente.
salú e forsa no ...

devolucións

chega o remate do ano e con el as devolucións dos libros que, acumulados ate agora nas librerías, retornan aos almacéns dos que, en moitos casos, non deberon ter saído nunca.
analizando o tipo de libro que non se vende, podemos facer análise de por onde vai o criterio editorial e por onde os 'gustos' do lector/a. Lonxe de títulos como 'que me queres amor?' do señor Rivas. Libro que, probablemente, vende máis exemplerares da súa edición en español (ubicación: de costas á sección de galego, dous andeis á esquerda), co seu ridículo '¿qué me quieres amor?'. Libros que por outra banda teñen un público variado e dirixido basicamente pola fama do autor, máis eu polo seu carisma. Atópanse outros, como as 'conversas con Bernardino Graña', que semella ter caído en desgraza, ou a obra completa de Fran Alonso, edicións enteiras de Positivas que nunca callan no público máis ávido. E así, afastándose os catro libros que adoitan saír nalgún xornal, acumúlanse listas enormes de libros que irremisiblemente volverán 'cual oscuras golondrinas' a plegar as súas páxinas dentro de montón de caixas amoreadas no alamcén dalgunha distribuidora.
se alguén está a buscar algún saldo, nos próximos días será bo momento de visitar os recónditos e lúgubres espacios orientados para os esquecidos, dentro de calquera librería, ou asimesmo nos sórdidos andeis dalgunha tenda de segunda man.

Quarta-feira, Dezembro 07, 2005

facendo escola

é de tod@s coñecido o blog de vsqn. unha enigmática figura pola que moitos/as se preguntan. vsqn unha páxina non exenta de adeptos/as que agora comeza a crear escola, malia que, sen desmerecer, moi lonxe aínda do orixinal.

Sexta-feira, Dezembro 02, 2005

onte

onte foi a tarde de Lupe e Luz, un encontro con poetas de dúas épocas, pero cun certo nexo que as vencella, uníndoas nun mesmo desexo, nun mesmo gusto pola vida.
hoxe temos xa a programación do festival do día 16, na praza dos Bombeiros de Compostela.
A partir das 19 horas:
Pinto de Herbón e Luís Caruncho amenizando o serán
Airiños da Luaña e Caivanca farán festa dende a tradición
Mini e Mero porannos en pé de guerra contra as inxustizas
Os Tres Trebóns e o Vendaval do Rosal poran a nota máis Carnotxa e mariñeira
Loretta Martin darannos a súa visión máis nova
Non Residentz darán unha volta o ambiente co Hip Hop máis propio e actual
Ás 20:30 horas:
Recital poético contra o capital a cargo de Gaspar Domínguez, Sechu Sende, Asun Arias, Xosé Luís Santos Cabanas, David Otero, Daniel Salgado e Xabier Paz.

Quinta-feira, Dezembro 01, 2005

1 de decembro


é o primeiro de decembro e xa case están ultimados os preparativos para o festival que o Sindicato Labrego Galego organiza nunha campaña contra a OMC (Organización Mundial de Comercio).
O día 16 de decembro poderemos contar, na praza dos Bombeiros de Compostela coa presencia de grupos como Loretta Martin, Mini e Mero, Non Residenz... ademais dun recital poético a cargo de Gaspar Domínguez, Sechu Sende, Asun Arias, Xosé Luís Santos Cabanas, David Otero, Daniel Salgado e Xabier Paz, a celebrar a partir das 20 horas nesa mesma praza.